Spermophilus é un xénero de roedores da familia Sciuridae. A maioría das especies, xeralmente denominadas esquíos de terra (unhas 40 en total), situábanse normalmente neste xénero. Porén, Spermophilus en senso amplo considerouse parafilético e, á parte dos claramente distintos e recoñecidos como xéneros Cynomys, Marmota, e Ammospermophilus, foi dividido en oito xéneros por Kristofer Helgen e colegas.

O seu nome científico significa amante das sementes. Algunhas especies eurasiáticas denomínanse nalgunhas obras co nome común ruso suslik (суслик).The Free Dictionary

Os Spermophilus poden portar pulgas que transmiten doenzas aos humanos (por exemplo a peste negra), e teñen actividades destrutoras como escavar túneles baixo as casas humanas. Aínda que poden gabear ás árbores, a maioría das especies viven en terra en hábitats abertos e sen árbores.Encyclopædia Britannica

Especies

Realizouse unha revisión xeral do xénero en 2007 por medio de análises filoxenéticos usando o xene mitocondrial do citocromo b. Isto tivo como resultado a división do xénero Spermophilus en oito xéneros, aos cales, xunto con Cynomys, Marmota e Ammospermophilus, se lles deu un clado numerado. As relacións exactas entre os clados están algo confusas en certos casos. Hai 14 especies exclusivamente paleárticas de Eurasia que se manteñen no xénero Spermophilus sensu stricto, e o resto en xéneros novos (á parte destas, só dúas especies de Urocitellus, predominantemente norteamericanos, se estenderon tamén a Eurasia).

Clado 1, Notocitellus, tropicais Notocitellus adocetus Notocitellus annulatus

Clado 2, Ammospermophilus Ver Ammospermophilus.

Clado 3, Otospermophilus, que viven nas rochas Otospermophilus variegatus Otospermophilus beecheyi Otospermophilus atricapillus

Clado 4, Callospermophilus, Callospermophilus lateralis Callospermophilus madrensis Callospermophilus saturatus

Clado 5, Xerospermophilus, pigmeos Xerospermophilus mohavensis Xerospermophilus tereticaudus Xerospermophilus spilosoma Xerospermophilus perotensis

Clado 6, Cynomys, chamados en Norteamérica "cans das praderías" Ver Cynomys

Clado 7, Poliocitellus Poliocitellus franklinii

Clado 8, Ictidomys Ictidomys tridecemlineatus Ictidomys mexicanus Ictidomys parvidens

Clado 9, Marmota, marmotas Ver Marmota.

Clado 10, Urocitellus, holárticos Urocitellus undulatus Urocitellus armatus Urocitellus beldingi Urocitellus brunneus Urocitellus canus Urocitellus columbianus Urocitellus elegans Urocitellus mollis Urocitellus parryii Urocitellus townsendii Urocitellus washingtoni Urocitellus richardsonii

Clado 11, Spermophilus sensu stricto, do Vello Mundo Spermophilus citellus Spermophilus alashanicus Spermophilus dauricus Spermophilus erythrogenys Spermophilus fulvus Spermophilus major Spermophilus pygmaeus Spermophilus relictus Spermophilus suslicus Spermophilus taurensis Spermophilus xanthoprymnus Spermophilus pallidicauda Spermophilus ralli Spermophilus brevicauda

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Roedores