Emilio Tomás Aragón Álvarez, máis coñecido como Emilio Aragón e ao principio da súa carreira como Milikito, nado na Habana, Cuba o 16 de abril de 1959, é un humorista, actor, escritor, pallaso, músico, cantante, presentador, produtor, director de cine, director de orquestra, guionista, compositor e empresario audiovisual hispano-cubano. É coñecido internacionalmente pola súa participación no programa televisivo El gran juego de la oca e na serie Médico de familia. Foi o presidente honorífico da cadea de televisión La Sexta na súa creación. É fillo do famoso pallaso español Emilio Aragón Bermúdez, máis coñecido como Miliki (1929-2012), e pertence á cuarta xeración de pallasos da Familia Aragón.
Traxectoria Naceu na Habana, onde viviu ata 1960, e despois trasladouse coa súa familia a España. Pertencente á saga da Familia Aragón, é fillo de Emilio Aragón Bermúdez (Miliki) e de Rita Violeta Álvarez.
Comezou a súa carreira no programa El gran circo de TVE en 1977, co nome de Milikito, xunto ao seu pai, ao seu tío Gabriel Aragón Bermúdez Gaby, e ao seu primo Alfonso Aragón Sac Fofito. En 1981 abandona este programa que fora bautizado popularmente como Os pallasos da tele e dous anos máis tarde presenta na tempada 1983-1984 de Televisión Española o espazo Ni en vivo ni en directo que baseaba o seu contido en sketchs de humor. Máis tarde, en setembro de 1984 estreou en Madrid o musical Barnum, creado por Mark Bramble,Cy Coleman e Michael Stewart, e do que foi produtor executivo, protagonista e responsable das letras en castelán.
miniatura|esquerda|Emilio Aragón nos anos 1990.
Alcanzou gran popularidade na metade da década dos 80 como presentador. Nesta época encargouse do programa Saque Bola de Canal Sur acompañado de José María Fraguas. Por este traballo obtivo o TP de Ouro ao personaxe máis popular de Canal Sur. Pero o seu salto á fama chegou co programa VIP en Telecinco, un concurso vespertino que dirixiu de luns a venres xunto ao realizador Daniel Écija e coa colaboración na presentación de Belén Rueda. O espazo obtivo unha boa aceptación e froito dela pronto se abordou a súa versión infantil, VIP Guay para os sábados copresentada por Ana Chávarri e Raquel Carrillo, e VIP Noite. Será neste último onde, debido á súa mestura de concurso e gala, adquiriu a súa imaxe máis lembrada daqueles anos co seu esmoquin acompañado de zapatillas deportivas, así como a súa palabra máis emblemática: "Dabuten". Estaba acompañado tamén pola cantante mexicana Thalía e as integrantes do grupo feminino Cacao Maravillao. Tamén fixo un pequeno cameo no filme de Martes y Trece El robobo de la jojoya en 1991.
En 1992 o por entón presidente do Grupo Zeta Antonio Asensio faise co control de Antena 3 e acomete unha importante renovación de todo o seu persoal. Tras La Regala, programa especial de Nadal gravado no Palau de Sant Jordi ante 15 000 persoas Emilio Aragón e o seu equipo foi a súa fichaxe máis recoñecible, e tras outorgarlle a dirección do espazo Noche, noche, na tempada 1993-1994 foi posto á fronte de El gran juego de la oca, que se converteu no seu maior éxito na cadea. Por estas datas e en compaña da súa man dereita, o xa mencionado Daniel Écija, funda en 1993 a produtora Globomedia que concibiu ou adaptou para España programas como ¡Que me dices!, Caiga Quien Caiga ou El Club de la Comedia, ou series como Compañeros ou posteriormente 7 vidas, Aída, Los hombres de Paco e moitas máis.
En 1995 e tras un tempo no estranxeiro volve a Telecinco cun proxecto de serie familiar que ao cabo se traduciría no seu papel protagonista máis lembrado e recoñecido polo público: Médico de familia, que permaneceu en antena até decembro de 1999. Na mesma, e á marxe da súa faceta de produtor, encarnaba o personaxe principal: Nacho Martín. Tras esta aposta, mantivo na mesma cadea entre 2002 e 2003 tres tempadas da produción Javier ya no vive solo na que interpretaba un corentón solteiro que se facía cargo das súas sobriñas, aínda que non conseguiu revalidar o éxito do seu anterior formato. Finalmente en 2004 volveu probar sorte en Antena 3 con Casi perfectos, aínda que os malos resultados de audiencia levaron á cadea a cancelar a súa emisión tras unha segunda tempada pobre en resultados.
miniatura|Emilio Aragón xunto a Irene Visedo, Francisco Javier León de la Riva, Imanol Arias e Javier Angulo na Seminci 2014.
Desde 2006 é presidente honorífico da cadea de televisión LaSexta da que Globomedia posúe unha parte importante da súa participación. Nela presentou o programa de improvisación Los irrepetibles de Amstel e adquiriu o alcume cariñoso de "El señor de La Sexta" outorgado polo programa Sé lo que hicisteis.... Entre medias dirixiu en 2009 o seu primeiro filme, Pájaros de papel con Imanol Arias, Lluís Homar e Carmen Machi. En 2012 viaxa a Estados Unidos para dirixir a Robert Duvall no filme A Night in Old Mexico, que se estreou en maio de 2014.
Outras das súas facetas foron as de intérprete de álbums musicais de corte desenfadado como Te huelen los pies, posúe o título de piloto, e forma parte de asociacións de fins solidarios como Acción Contra el Hambre (da que é vicepresidente), Intermón Oxfam, o Comité Drogas No e a Fundación Dales la Palabra. Tamén forma parte do proxecto "No Hunger" que pretende convencer a Al Gore para que o seu próximo documental estea dirixido contra a desnutrición debido ao gran calado social do seu An Inconvenient Truth.
En 2017 estreou a serie Pulsaciones en Antena 3, da que foi director e guionista. En 2019 decidiu centrarse na súa faceta musical e presentou o disco La vuelta al mundo, utilizando o pseudónimo de Bebo San Juan. En 2021 volveu presentar un programa de televisión, B.S.O., en #0 de Movistar+ en España.
Vida persoal Fillo do pallaso Emilio Aragón Bermúdez e Rita Violeta Álvarez Fernández, de orixe cubana. Ten tres irmáns, Rita Irasema, unha cantante e presentadora, María del Pilar, unha empresaria de Globomedia e María Amparo unha escenógrafa de El Gran Juego de la Oca e de Médico de familia. Emilio casou en Asturias o 19 de agosto de 1983 con Aruca Fernández-Vega Feijoó, pertencente a unha longa saga de prestixiosos oftalmólogos, teñen tres fillos: Icíar (1985), Macarena (1988) e Ignacio (1995).
Programas de televisión AnoTítuloCanleNotas1965-1968El Show de Las 5Canal 2 (Porto Rico), Canal 8 (Venezuela)1971-1972El Show de Gaby Fofó y MilikiCanal 13 (Arxentina)1973Las aventuras de Gaby, Fofó y MilikiTVEAparición na aventura "Los fotógrafos". Programa: 26 de xullo de 19731977-1981El gran circo de TVETVE1978El Show de Gaby, Miliki, Fofito y MilikitoArgentina Televisora Color (Canal 7)1980625 líneasTVEInvitado xunto a Gaby, Miliki e Fofito1981Esta nocheTVEInvitado xunto a Gaby, Miliki e Fofito1982El loco mundo de los payasosTVEPrograma: 25 de maio de 19821982Tompy, el conejito de trapoTVEEspecial de televisión1983-1984Ni en vivo ni en directoTVE1984Un, dos, tres... responda otra vezTVEPrograma: 9 de novembro de 19841985Festival OTI de la CanciónTVEXunto a Paloma San Basilio1987Cabalgata de los Reyes Magos 1987 (con los Electroduendes)TVE-11989Saque Bola Canal SurPresentador1990VIPTelecincoPresentador1990-1992VIP Noche TelecincoPresentador1990-1991VIP GuayTelecincoPresentador1993Noche, noche Antena 3Presentador1993-1994El gran juego de la oca Antena 3Presentador1995Sin complejosCanal 13 (Arxentina)Presentador e produtor1995Un paseo por el tiempoTVE-1Mensaxe desde Arxentina1998Gala de la hispanidad 1998Telecinco1999Cine de barrioTVE-1Programa: 4 de decembro de 19991999Gala Unicef, A mis niños de 30 añosTVE-12002-2003El Club de la ComediaAntena 3Presentador2005Las aventuras de los GabytosAntena 3Xenio da lámpada2006-2007Los irrepetibles de AmstellaSextaPresentador2014-2018El hormiguero 3.0Antena 3Invitado e colaborador2021La resistencia#0Invitado2021B.S.O.#0Presentador
Filmes
Como actor AnoTítuloPapelNotas1987PolicíaGumersindo 'Gumer'Protagonista1988Tú y yoEmilio FonsecaDirecto a VHS1991El robobo de la jojoyaCliente AsustadoCameo
Como director AnoTítuloNotas2010Pájaros de papelTamén guionista e compositor2014A Night in Old MexicoTamén compositor e produtor miniatura|Emilio Aragón na rodaxe dun filme
Como produtor AnoTítuloNotas2008Carlitos y el campo de los sueños Tamén compositor2018Lucha de gigantesBaseado nunha idea orixinal súa
Series de televisión Como actor AnoTítuloPapelCanleNotas1983Ni en vivo ni en directoVariosTVEProtagonista1995Farmacia de guardiaNacho MartínAntena 31 episodio1995-1999Médico de familiaNacho MartínTelecincoPapel principal2002-2003Javier ya no vive solo Javier AlonsoTelecincoPapel principal2004-2005Casi perfectosAndrés CostaAntena 3Papel principal2019Paquita SalasProfesorNetflix1 episodio
Como director AnoTítuloCanleNotas2017PulsacionesAntena 3Tamén guionista
Discografía Gaby Miliki Fofito y Milikito "Había una vez un disco" (1977) Gaby Miliki Fofito y Milikito "Cómo me pica la nariz" (1979) Gaby Miliki Fofito y Milikito "Cantando siempre cantando" (1980) Discolandia (1980) Te huelen los pies (1991) Te huelen los pies Cuidado con Paloma (que me han dicho que es de goma) Hey, Mister Waiter Yo tengo una bolita Eso Es Así (1992) Atrapado (1993) A mis niños de 30 años (1999) El Soldadito de Plomo: Conto sinfónico (2004) El Soldadet de Plom (versión en catalán) (2005) Bach to Cuba (2006) Carlitos y el campo de los sueños: Banda sonora orixinal do filme homónimo (2008) Pájaros de papel: Banda sonora orixinal do filme Pájaros de papel (2010) Longum Vitae Suspirium: Cantata para barítono, coro e orquestra (2011) A Night in Old Mexico: Banda sonora orixinal do filme homónimo (2013) Bebo San Juan: La vuelta al mundo (2019)
Dobraxe
Stuart Little e Stuart Little 2: Puxo a voz de Stuart na versión española (na versión orixinal era a voz de Michael J. Fox).
Compositor Compuxo a banda sonora do filme A Night in Old Mexico, da que tamén foi director e produtor. Compuxo a banda sonora do filme Pájaros de papel, da que tamén foi director, guionista e produtor. Compuxo a cantata para barítono, coro e orquestra Longum Vitae Suspirium, a partir dunha selección de textos de José Saramago por encargo da Asociación Española de Orquestas Sinfónicas e a Fundación Autor. Compuxo a banda sonora do filme Carlitos y el campo de los sueños, da que tamén foi o seu produtor. Compuxo a música do ballet Blancanieves e dirixiu a orquestra. Compuxo a música da serie de debuxos animados Esquimales en el Caribe, serie ideada por el. Compuxo a música e cantou no coro da canción da serie de debuxos animados La aldea del arce. Compuxo a música da serie de debuxos animados Noeli (interpretada pola súa irmá, Rita Irasema). Compuxo e interpretou a sintonía da serie de televisión 7 vidas. Compuxo e interpretou a sintonía da serie de televisión Periodistas.
Espectáculos Festival Mundial do Circo (1977) Barnum (1984)
Publicidade "Puleva" (1992) "El Corte Inglés" (1996) "Playa y montaña" (2016) (director)
Libros Telmo Lobo. El misterio del capitán (Alfaguara, 2024) Telmo Lobo 2. La leyenda del pirata (Alfaguara, 2025) ISBN 978-84-10190-77-1
Premios e nomeamentos
Premios Goya Ano Categoría Filme Resultado2013 Mellor canción orixinal "Aquí Sigo", de A Night in Old Mexico Nomeado Mellor música orixinal A Night in Old Mexico Nomeado2010 Mellor dirección novel Pájaros de papel Nomeado Mellor canción orixinal "No se puede vivir con un franco", de Pájaros de papel Nomeado
Antena de Oro Ano Categoría Programa Resultado 1991 Televisión VIP Noche Gañador
Fotogramas de Prata Ano Categoría Programa Resultado 1995 Mellor actor de TV Médico de familia Nomeado 1996 1997
Premios Ondas
Ano Categoría Programa Resultado 1991 Nacionais de televisión VIP Noche Gañador 1996 Nacionais de televisión Médico de familia Gañador TP de Ouro