miniatura|250px|Xenodermichthys nodulosus. Xenodermichthys é un xénero de peixes teleósteos mariños da orde dos osmeriformes, suborde dos arxentinoideos, superfamilia dos alepocefaloideos e familia dos alepocefálidos,Xenodermichthys Günther, 1878 no WoRMS.Xenodermichthys Günther, 1878 no ITIS. distribuídos por augas profundas de todos os océanos do planeta.Nelson, Joseph S. (2006).

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1878 polo zoólogo británico Theodore Nicholas Gill.

Etimoloxía O nome científico do xénero, Xenodermichthys, Günther construíuno cos elementos do latín científico xeno-, -derm- e -ichthys, tirados do grego antigo ξενο-, derivado de ξένος ‎xénos, "estranxeiro", "estraño"; δέρμ-, derivado de δέρμα dérma, "pel", e a voz grega ἰχθύς ichtýs, "peixe". Literalmente, "os [peixes] de pel estraña".

Sinonimia Ademais de polo nome que lle impuxo Günter, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo: Aleposomus Gill, 1884.

Especies O xénero conta tan só con dúas especies válidas:Especies do xénero Xenodermichthys en FishBase.

Xénero Xenodermichthys Xenodermichthys copei (Gill, 1884) Xenodermichthys nodulosus Günther, 1878

En Galicia En augas galegas aparece citada a especie Xenodermichthys copei.Rodríguez Villanueva et al. (1995).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, W. N.; R. Fricke & R. van der Laan, eds. (2016): Catalog of Fishes: Genera, Species, References. (Ver en liña). Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World (4th ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2, pp. 18–19. Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.

Outros artigos Osmeriformes Alepocefálidos

Ligazóns externas Xenodermichthys Günther, 1878 no WoRMS. Xenodermichthys Günther, 1878 no ITIS. Xenodermichthys copei (Gill, 1884) en FishBase. Xenodermichthys nodulosus Günther, 1878 en FishBase. Xenodermichthys Günther 1878 en Fossilworks. Xenodermichthys na EOL. Xenodermichthys Gunther, 1878 no NCBI.

Categoría:Osmeriformes