Curaco de Vélez é un concello chileno da Rexión dos Lagos, localizado na Illa Quinchao, na provincia de Chiloé, no arquipélago do mesmo nome. A súa capital é o pobo homónimo. Ocupa a terceira parte da illa, ó norte, o resto é parte da comuna de Quinchao.

As súas principais actividades económicas son a agricultura (patacas, hortalizas e trigo), a gandaría ovina e bovina, e tamén os cultivos acuícolas de produtos marítimos.

Véxase tamén

Bibliografía "Apuntes históricos de Curaco de Vélez", Carlos Oyarzún Cárdenas, Inscripción intelectual n°144265.

Ligazóns externas O Municipio de Curaco de Vélez

Categoría:Cidades de Chile Categoría:Xeografía de Chile