George Roger Waters, nado o 6 de setembro de 1943, é un cantante, compositor e baixista inglés. No ano 1965 cofundou a banda de rock progresivo Pink Floyd xunto co batería Nick Mason, o teclista Rick Wright e o guitarrista, cantante e compositor Syd Barrett. Waters inicialmente serviu como baixista do grupo, pero despois da marcha de Barrett en 1968 converteuse tamén no seu letrista, líder conceptual e co-vocalista.
Pink Floyd conseguiría un grande éxito internacional cos álbums conceptiuais The Dark Side of the Moon, Wish You Were Here, Animals e The Wall. Cara principios dos anos 80 convertérase nunha das bandas máis aclamadas pola crítica e de máis vendas na historia da música popular; no ano 2013 levaba vendidos máis de 250 millóns de álbums en todo o mundo. No medio de diferenzas creativas dentro do grupo, Waters marchou en 1985 e iniciou unha disputa legal cos membros que quedaron polo uso do nome do grupo e do material. A disputa resolveuse en 1987 e pasarían case 18 anos antes de que tocase novamente con eles.
A carreira en solitario de Waters inclúe tres álbums de estudio: The Pros and Cons of Hitch Hiking, Radio K.A.O.S. e Amused to Death. En 1990 realizou un dos concertos de rock máis grandes e extravagantes da historia, The Wall – Live in Berlin, cunha asistencia oficial de 200.000 persoas. Como membro de Pink Floyd , foi introducido no Rock and Roll Hall of Fame estadounidense en 1996 e no Music Hall of Fame británico en 2005. Ese mesmo ano publicou Ça Ira, unha ópera en tres actos cun libreto escrito por Étienne e Nadine Roda-Gils sobre a Revolución Francesa. Posteriormente nese mesmo ano, reuniuse con compañeiros de Pink Floyd Nick Mason, Rick Wright e David Gilmour para o evento de concienciación global Live 8; foi a primeira aparición do grupo con Waters dende 1981. Waters ten xirado extensamente como artista en solitario dende 1999 e tocou enteiramente The Dark Side of the Moon para a súa xira mundial de 2006–2008. En 2010 iniciou The Wall Live e no ano seguinte Gilmour e Mason apareceron con el durante unha actuación do álbum en Londres.
Biografía 1943–1964: primeiros anos George Roger Waters naceu o 6 de setembro de 1943, sendo o máis novo dos dous nenos do matrimonio formado por Mary (apelido de solteira Whyte; 1913–2009) e Eric Fletcher Waters (1914–1944), en Great Bookham, Surrey.Thompson 2013, p. 7 Seu pai, o fillo dun mineiro de carbón e activista do Partido Laborista, era mestre de escola, un devoto cristián e membro do Partido Comunista británico.Blake 2008, p. 13 Nos primeiros anos da segunda guerra mundial seu pai foi obxector de conciencia que conduciu unha ambulancia durante os ataques aéreos sobre Reino Unido. Posteriormente cambiou a súa postura sobre o pacifismo e uniuse ao exército británico. Morrería o 18 de febreiro de 1944 en Aprilia, entre Anzio e Roma, cando Roger tiña cinco meses. O 19 de febreiro de 2014 Waters inaugurou un monumento ao seu pai e a outras baixas de guerra alí, e foi nomeado cidadán honorario de Anzio. Tras a morte do seu marido Mary Waters, que tamén era mestra, mudouse cos seus dous fillos a Cambridge e criounos alí.Manning 2006, pp. 5–6 O primeiro recordo de Roger Waters é a celebración do día da vitoria sobre Xapón. Mary Waters morreu en 2009, aos 96 anos de idade.
Waters foi ao Morley Memorial Junior School en Cambridge e despois ao Cambridgeshire High School (no presente o Hills Road Sixth Form College) con Syd Barrett.Watkinson & Anderson 1991, pp. 15–18 Aos 15 anos Waters era o presidente da Campaña da mocidade de Cambridge para o desarme nuclear,Mason 2005, pp. 12–13 deseñando o seu cartel publicitario e participando na súa organización.Povey 2008, p. 13 Aínda que era un entusiasta deportista e un membro valorado dos equipos de crícket e rugby do instituto,Watkinson & Anderson 1991, p. 23 non lle gustaba a súa experiencia educativa. Segundo as súas propias palabras, "odiaba cada segundo, agás os xogos. O réxime na escola era moi opresivo... os mesmos nenos susceptibles a intimidar a outros nenos tamén eran susceptibles a ser intimidados polos mestres".Blake 2008, pp. 14–19 Aínda que Waters xa coñecía a Barrett e a Gilmour da súa infancia en Cambridge, coñeceu aos futuros fundadores de Pink Floyd Nick Mason e Richard Wright en Londres, na escola de arquitectura Regent Street Polytechnic (posteriormente a Universidade de Westminster). Waters matriculouse alí en 1962, despois de que unha serie de probas de aptitude indicasen que se axustaría ben a ese campo.Povey 2008, p. 320 Inicialmente considerou estudar enxeñería mecánica.Blake 2008, p. 36
1965–1985: Pink Floyd Formación e período dirixido por Barrett miniatura|250px|Waters con Pink Floyd en 1970 Cara setembro de 1963 Waters e Mason perderan interese nos seus estudos; trasladáranse ao piso inferior de Stanhope Gardens, propiedade de Mike Leonard, un titor a tempo parcial do Regent Street Polytechnic.Mason 2005, p. 20 Waters, Mason e Wright tocaron música xuntos por vez primeira a finais dese ano, nunha banda formada polo vocalista Keith Noble e o baixista Clive Metcalfe.Mason 2005, p. 17 Adoitaban chamarse Sigma 6, pero tamén usaron o nome The Meggadeaths. Waters tocaba a guitarra rítmica e Mason a batería, mentres Wright tocaba calquera teclado co que contase, e a irmá de Noble, Sheilagh, proporcionaba acompañamento vocal ocasionalmente.Mason 2005, pp. 17–18 Nos seus primeiros anos a banda actuou en funcións privadas e ensaiaba nun salón de té no soto do Regent Street Polytechnic.Mason 2005, pp. 13–18
Cando Metcalfe e Noble marcharon para formar o seu propio grupo en setembro de 1963, o resto dos membros pedíronlle a Barrett e ao guitarrista Bob Klose que se unisen a eles.Mason 2005, p. 18 Waters cambiouse ao baixo cara xaneiro de 1964 e o grupo pasou a coñecerse como The Abdabs ou The Screaming Abdabs.Povey 2008, p. 14 A finais dese ano a banda usou os nomes Leonard's Lodgers, Spectrum Five e finalmente The Tea Set.Povey 2008, pp. 18, 28 Nalgún momento a finais de 1965 The Tea Set comezou a chamarse Pink Floyd Sound, despois Pink Floyd Blues Band e a comezos de 1966 Pink Floyd.Mason 2005, pp. 30–37
A comezos de 1966 Barrett era o líder, guitarrista e compositor de Pink Floyd.Mason 2005, p. 87 El compuxo ou co-compuxo todos os temas agás un do seu álbum de estrea The Piper at the Gates of Dawn, publicado en agosto de 1967.Mason 2005, pp. 87–107 Waters contribuíu co tema "Take Up Thy Stethoscope and Walk" ao disco.Blake 2008, p. 91 Cara finais de 1967 a deteriorada saúde mental de Barrett e o seu cada vez máis errático comportamento fíxoo incapaz de continuar como compositor, cantante e guitarrista do grupo. A principios de marzo de 1968 Pink Floyd reuniuse cos representantes Peter Jenner e Andrew King de Blackhill Enterprises para discutir o futuro da banda. Barrett accedeu a deixar Pink Floyd, e o grupo "aceptou o dereito a perpetuidade de Blackhill" con respecto a "actividades pasadas".Mason 2005, p. 105 O seu novo representante, Steve O'Rourke, fixo un anuncio formal sobre a marcha de Barrett e a chegada de David Gilmour en abril de 1968.Mason 2005, p. 106
Período dirixido por Waters Enchido o baleiro deixado pola marcha de Barrett en marzo de 1968, Waters comezou a trazar a dirección artística de Pink Floyd. Converteuse no principal compositor e en co-vocalista (xunto con Gilmour, e ás veces con Wright), e sería a figura creativa dominante ata a súa marcha en 1985.Mason 2005, pp. 106–107, 160–161, 265, 278 Compuxo as letras dos cinco álbums de Pink Floyd que precederon á súa marcha, comezando con The Dark Side of the Moon (1973) e rematando con The Final Cut (1983), mentres que exercía cada vez máis control creativo sobre a banda e a súa música. Cada álbum de estudio de Waters dende The Dark Side of the Moon foi un álbum conceptual.Blake 2008, pp. 3, 9, 113, 156, 242, 279, 320, 398. Con letras escritas totalmente por Waters, The Dark Side of the Moon foi un dos álbums de rock máis exitosos comercialmente de todos os tempos. Estivo 736 semanas seguidas na lista Billboard 200 ata xullo de 1988, e vendeu uns 40 millóns de copias en todo o mundo. Continuou vendendo ao redor de 8.000 unidades cada semana ata 2005. miniatura|250px|Pink Floyd en 1973 Waters produciu ideas temáticas que se converteron no ímpeto para os álbums conceptuais de Pink Floyd The Dark Side of the Moon, Wish You Were Here, Animals e The Wall (escritos principalmente por Waters), e The Final Cut (composto enteiramente por el).Mason 2005, pp. 265–269 Referiuse ou aludiu ao custo da guerra e á perda do seu pai ao longo do seu traballo, dende "Corporal Clegg" (A Saucerful of Secrets, 1968) e "Free Four" (Obscured by Clouds, 1972) ata "Us and Them" do The Dark Side of the Moon, "When the Tigers Broke Free", primeiro usada na película The Wall (1982) e posteriormente incluída con "The Fletcher Memorial Home" en The Final Cut, un traballo adicado ao seu pai.Blake 2008, p. 294 A temática e composición de The Wall estiveron influenciados pola súa educación nunha sociedade inglesa minguada de homes tras a segunda guerra mundial.Blake 2008, pp. 294–295, 351
O álbum duplo The Wall foi composto case enteiramente por Waters e está principalmente aseado na historia da súa vida.Blake 2008, p. 260 No ano 2013 este traballo levaba vendidas máis de 23 millóns de copias nos Estados Unidos, sendo un dos cinco álbums máis vendidos nese país segundo a RIAA. Pink Floyd contratou a Bob Ezrin para coproducir o disco, e ao debuxante Gerald Scarfe para as ilustracións do traballo.Blake 2008, pp. 260–261 A banda embarcouse na The Wall Tour entre 1980 e 1981, sendo o seu derradeiro concerto en Londres o 16 de xuño de 1981. Esta sería a última aparición da banda con Waters ata a breve reunión para o concerto do Live 8 en xullo de 2005, 24 anos despois.Povey & Russell 1997, p. 185
En marzo de 1983 publicouse a última colaboración entre Waters, Gilmour e Mason, The Final Cut. O álbum subtitulouse "Un réquiem para o soño de posguerra por Roger Waters, interpretado por Pink Floyd".Povey 2008, p. 230 Waters compuxo todas as letras e toda a música do traballo. As súas letras eran críticas co goberno do Partido Conservador da época e menciónase á Primeira Ministra Margaret Thatcher polo seu nome.Blake 2008, pp. 294–299 Nese tempo Gilmour non tiña ningún material novo, polo que lle pediu a Waters atrasar a gravación ata que puidese compoñer algúns temas, pero Waters negouse.Blake 2008, p. 295 Segundo Mason, despois de loitas de poder dentro da banda e de discusións creativas sobre o álbum, o nome de Gilmour "desapareceu" dos créditos de produción, aínda que mantivo a súa paga.Mason 2005, pp. 264–270 A revista Rolling Stone daríalle cinco estrelas ao disco, con Kurt Loder describíndoo como "un logro superlativo" e "unha obra mestra do art rock".Blake 2008, p. 300Schaffner 1991, p. 262 Loder viu o traballo como "esencialmente un álbum en solitario de Roger Waters".
No medio de diferenzas creativas dentro do grupo, Waters deixou Pink Floyd en 1985 e comezou unha batalla legal cos membros restantes con respecto ao uso do nome e do material da banda.Povey 2008, pp. 240–241 En decembro de 1985 Waters "emitíu un comunicado a EMI e CBS invocando a cláusula 'Membro saínte'" do seu contrato. En outubro de 1986 iniciou un proceso na Corte Suprema para disolver formalmente a sociedade Pink Floyd. Na súa alegación ante o Tribunal Supremo dixo que Pink Floyd era "un ente acabado creativamente".Povey 2008, pp. 221, 237, 240–241, 246 Gilmour e Mason opuxéronse á solicitude e anunciaron a súa intención de continuar como Pink Floyd. Waters afirmou ser obrigado a renunciar ao igual que o fora Wright algúns anos antes, e decidiu deixar Pink Floyd baseándose en consideracións legais dicindo "... porque, se non o fixese, as repercusións financeiras varreríanme completamente".Blake 2008, pp. 312–313 En decembro de 1987 chegouse a un acordo entre Waters e Pink Floyd.