Miguel de Zárraga Hernández, nado en Madrid o 14 de abril de 1883, e finado en Hollywood (Os Ánxeles) o 26 de decembro de 1941, foi un escritor e xornalista español.

Traxectoria miniatura|350px|De pé, de esquerda a dereita: Humberto Cuíñas, Rafael Fuembuena, Blas Agra Mancebo, Miguel de Zárraga, Luis Suárez Gutiérrez, Eugenio Fernández Leis e Julián García Larrú. Sentados Enrique Pereira Borrajo, Miguel Fernández Lema, Emilio Rodal e Antonio Fernández Arreo. Asociación da prensa de Vigo, 1909. Estudou na Universidade de Madrid e despois traballou como xornalista, sendo redactor de España e El Diario Universal. Instalouse en Vigo en 1908, onde foi redactor de Faro de Vigo, dirixiu Letras y Deportes e estreou varias obras de teatro.Vida Gallega, 6-1909, p. 29. En 1910 marchou a Cuba para ser redactor do periódico El Triunfo.El Avisador Numantino, 27-8- 1910, p. 2. Posteriormente foi aos Estados Unidos como correspondente de ABC e desempeñou a representación da Sociedade Xeral de Autores de España e doutras entidades literarias. Publicou reportaxes na prensa de Nova York, Londres, París e de países de fala hispana. Dende 1927 impartiu cursos na Universidade de Middlebury (Vermont), na rama española de produción escénica, e recibiu en 1929 un título honorífico de Master of Arts. Marchou aos Ánxeles en 1930 e traballou nos estudios MGM e Fox escribindo guións e argumentos orixinais a partir de adaptacións de diálogos ao castelán para a filmación de versións españolas e dobraxes; supervisou rodaxes e foi director de diálogos. En 1936 substituíu a René Borgia como xefe do departamento de publicidade estranxeira de Columbia Pictures, e interveu como asesor en When You're in Love (1937) e Only Angels Have Wings (1939).

Obras Teatro Muñeca, 1901. Gérmenes malditos, 1903. Eva, 1906. El compañero de viaje, 1907. La moral de lo inmoral, 1908. El coto real, 1910. El germen, 1910.

Novela Pasión de amor, 1900.

Vida persoal Casou coa xornalista Elena de la Torre, e foi pai de Miguel de Zárraga de la Torre (1908-1971).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Miguel de Zárraga

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1941