A lingua taa, tamén coñecida como lingua !Xóõ, é unha lingua khoisa notable pola súa gran cantidade de fonemas, quizais a que máis ten no mundo.Click languages A maioría dos falantes viven en Botswana, pero uns poucos centos tamén viven en Namibia. O taa está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO. O pobo chámase a si mesmo ǃXoon (pl. ǃXooŋake) ou ʼNǀohan (pl. Nǀumde), dependendo do dialecto que falen.
Taa é a palabra para 'ser humano'; o nome local da lingua é Taa ǂaan, que provén de ǂaan 'lingua'. ǃXoon (!Xóõ) é etónimo empregado nas zonas limítrofes cos falantes de taa, pero non é empregado polos propios taa entre eles.Gertrud Boden, 2007, ǃQamtee ǀaa ǂXanya: 'the Book of Traditions' : Histories, Texts and Illustrations from the ǃXoon and 'Nǀohan People of Namibia A maioría dos falantes de taa son da etnia ǃXoon (plural ǃXooŋake) ou 'Nǀohan (plural Nǀumde).DoBeS, “Taa”.
O coñecemento científico moderno do taa, na súa variedade !Xóõ oriental, débese en gran medida ao traballo do lingüista Anthony Traill ao realizar a primeira análise fonolóxica integral do seu complexo sistema de sonse dedicar máis de tres décadas á súa documentación, análise fonética e á creación dun dicionario.
Notas
Categoría:Linguas tuu Categoría:Linguas de Botswana Categoría:Linguas de Namibia