miniatura|300px|Diagrama dun blastocisto, coa súa membrana (trofoblasto), a súa cavidade (blastocele), a masa celular interna (embrioblasto); en relación ao endometrio. Os blastómeros son un tipo de células embrionarias animais indiferenciadas resultantes da segmentación do cigoto despois da fecundación. Estas células posúen totipotencia, é dicir, que poden dar orixe a células de calquera tecido.
No ser humano, os blastómeros orixínanse despois da fecundación e divídense por mitose. Dous días despois da fecundación hai 4 blastómeros, e uns 8 ao terceiro día.
Mórula
Os blastómeros divídense rápida e repetidamente durante os primeiros días da xestación aínda que o tamaño do embrión permanece constante (aumenta o número de células mais non o seu tamaño). Pasados catro días, o ovo fecundado ten máis de 32 blastómeros, recibindo a partir dese momento o nome de mórula. Posteriormente prodúcese a blastulación, que representa o inicio da diferenciación celular de tal maneira que un grupo de blastómeros se sitúan formando unha envoltura externa denominada trofoblasto, que posteriormente dará orixe á placenta, mentres que outros se agrupan constituíndo a masa celular interna ou embrioblasto que dará orixe ao embrión.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Blástula Gástrula Implantación do blastocisto Embrioxénese humana
Bibliografía "Blastomere." Stedman's Medical Dictionary, 27th ed. (2000). ISBN 0-683-40007-X Moore, Keith L. e T.V.N. Persaud. The Developing Human: Clinically Oriented Embryology, 7th ed. (2003). ISBN 0-7216-9412-8
Ligazóns externas Blastocitos - Microscopía electrónica (en inglés) Advanced Fertility Center of Chicago. Diagrama universitario: weber.edu (en inglés) The Germinal Period of Development. Foto de National Geographic Blástula sobre o ollo dunha agulla (en inglés). Fotos microscopio de luz Estadios do desenvolvemento ata o blastocito (en inglés).
Categoría:Embrioloxía Categoría:Bioloxía do desenvolvemento