O Retrato de Sebastián de Morra, ou o O bufón don Sebastián de Morra, é unha pintura ó óleo de Velázquez conservada no Museo do Prado (Madrid, España), dende a súa apertura en 1819.Ficha en la Galería online. Pertence ó grupo de retratos de bufóns e «homes de pracer» da corte pintados por Velázquez para decorar estancias secundarias e de paso nos pazos reais, nos que, dado o seu carácter informal, o pintor puido ensaiar novos recursos expresivos con maior liberdade que nos retratos oficiais da familia real, coa súa carga representativa.

Historia O cadro aparece citado por primeira vez no inventario do antigo alcázar de Madrid de 1666, en cuxa redacción interveu Juan Bautista Martínez del Mazo, xenro de Velázquez, onde se localiza na escaleira da Galería do Cierzo: «Otra pintura de bara y mª de alto casi en quadro [aproximadamente 125 x 125 cm] del enano morra de mano de diego belazquez», taxado en cen ducados.Corpus velazqueño, p. 525. Con el, e taxado en 150 ducados, atopábase outro retrato de iguais características do bufón chamado El Primo, probablemente o pintado durante a «xornada de Aragón» de 1644 na localidade oscense de Fraga, dende onde se enviou a Madrid o 1 de xuño xa rematado.Corpus velazqueño, p. 163.

Só un destes retratos se librou do incendio de 1734, pois no inventario das pinturas que se puideron salvar del figuraba unicamente un «Retrato dun anano orgl de Diego Velázquez» —e entre liñas: «corpo enteiro»— cunhas medidas aproximadas a 103 x 63 cm en marco dourado e tallado.Corpus velazqueño, p. 612. Os estudos técnicos realizados no Museo do Prado demostran que o cadro estivo, en efecto, sometido durante algún tempo a un marco ovalado desas características; por mor diso foi cortado e logo recrecido en tres dos seus lados, operacións nas que sufriu outros danos e perdas de pintura.Garrido, 1992, p. 513.

Posiblemente poida identificarse co «retrato dun anano de corpo enteiro» que nun memorial de 1747 se recollía entre as obras traspasadas ó Palacio del Buen Retiro, pero en 1772 atopábase no Palacio Real de Madrid, onde seis anos despois copiouno Goya nun gravado ó augaforte coa inscrición: «Sacada y gravada del Quadro original de D. Diego Velazquez en que representa al vivo un/Enano del S. Phelipe IV. por D. Francisco Goya Pintor. Existe en el R. Palacio de Madrid/Aňo de 1778». En 1819, ingresou no Museo do Prado, onde en 1834 aínda figuraba sinxelamente como «Anano sentado no chan».Corpus Velazqueño p. 744. Foi Pedro de Madrazo quen en 1872, no seu catálogo extenso das pinturas conservadas no museo, o chamou —cun signo de interrogación— «Retrato dun anano do Rei Felipe IV: D. Sebastián de Morra», que describía: miniatura|Velázquez (atribuído), Retrato dun anano sentado no chan (Don Sebastián de Morra?), contra o 1645, Suíza, colección particular.

Literatura Sobre o Sebastián de Morra e, en xeral, sobre a interpretación destes retratos de bufóns correron, segundo Fernando Marías, «ríos de tinta». Hai quen quixo ver nel a denuncia velazqueña do trato que a corte daba a estas persoas, presentándoo como unha marioneta, en tanto Velázquez mostraría nos seus retratos cheos de dignidade unha actitude compasiva e solidaria coas súas carencias físicas ou psíquicas, das que segundo outros sería implacable testemuña, diseccionando aquelas carencias co seu agudo sentido da realidade e o seu naturalismo directo.Prater, Andreas, «El Barroco» en Los maestros de la pintura occidental, Taschen, 2005, pág. 270, ISBN 3-8228-4744-5 Deste tipo de retratos, con todo, existe unha longa tradición tanto en España como en Flandres ou en Italia, na que poden atoparse pintores como Antonio Moro ou Alonso Sánchez Coello.Catálogo de la exposición Velázquez, 1990, p. 42. Situados frecuentemente en lugares secundarios dos palacios, cabería sinxelamente interpretalos como retratos de persoas cuxa función era a de entreter ou divertir, e polas que os membros da familia real chegaron a sentir afecto, perpetuando a súa función cómica dende a pintura e ofrecendo ó mesmo tempo ó pintor a posibilidade de experimentar con absoluta liberdade.Marías, pp. 148-149.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Obras pictóricas de Velázquez Categoría:Cadros do Museo do Prado Categoría:Obras pictóricas de 1645 Categoría:Pintura do Barroco Categoría:Retratos