Luis Pando Rivero, nado en Asturias en 1896 e finado na Caeira (Poio) o 4 de decembro de 1936, foi un xuíz asturiano.

Traxectoria Fillo de Adolfo Pando Valle, alcalde de Villaviciosa. Dirixiu a revista Universidad. Traballou na Cámara de Comercio de Cidade de México como asesor xurídico, e en Santiago de Compostela. Foi nomeado xuíz de Vilagarcía de Arousa en 1931. O seu nomeamento foi mal recibido polas forzas conservadoras, que organizaran un mitin na súa contra. Foi cesado en agosto de 1931,El Progreso, 2-8-1931, p. 3. pero volveu ser nomeado xuíz municipal en decembro de 1932.El Compostelano, 20-12-1932, p. 2. Foi presidente da Fronte Popular de Vilagarcía.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presentou a dimisión, que non lle foi admitida.El Compostelano, 18-8-1936. Posteriormente foi detido o 1 de agosto. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra por rebelión militar o 21 de novembro con Valentín Briones Rey, Manuel Oubiña López, Jesús Villaverde Rey, José Otero Lago, Román Mondragón Cores, Ángel Navia Cores e Román Torrado Torrado, foi condenado a cadea perpetua.El Pueblo Gallego, 22-11-1936, p. 3. En decembro levárono ao campo de concentración da illa de San Simón e o día 4 de decembro foi fusilado na Caeira.El Pueblo Gallego, 5-12-1936, p. 11.

Vida persoal Casou con Purificación Durán.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Vilagarcía lembrou o xuíz Luis Pando Rivero no 80 aniversario do seu asasinato Artigo de Luis Pando Rivero

Categoría:Xuíces de España Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Asturias Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos