Clouds Taste Metallic é o sétimo álbum da banda estadounidense de rock alternativo The Flaming Lips, publicado o 19 de setembro de 1995 a través do selo Warner Bros. Records. É o derradeiro disco do grupo en contar co guitarrista Ronald Jones, e tamén o derradeiro en presentar á banda cun estilo guitarreiro de rock alternativo. Este traballo actúa como transición entre os seus primeiros discos roqueiros e o estilo que axudaría a impulsar á banda cara territorios máis comerciais, que aparecerían con The Soft Bulletin case catro anos despois de Clouds Taste Metallic.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de The Flaming Lips Categoría:Álbums musicais de 1995 Categoría:Álbums producidos por Dave Fridmann Categoría:Álbums de Warner Bros. Records