miniatura|316x316px|Oficina en Tamil Nadu decorada para o festival de Thai Pongal. Thai Pongal () ou sinxelamente Pongal é un festival da colleita que celebran os támiles no estado de Tamil Nadu, do territorio de Pondicherry na India e en Sri Lanka. O Thai Pongal celébrase na data do solsticio de inverno. Tradicionalmente o Pongal dedícase ao deus do Sol Suria, e marca o comezo do percorrido cara ao norte do Sol desde o seu extremo sur, un movemento tradicionalmente denominado uttarayana. Coincide co festival Makara Sankranthi que se celebra en toda a India como o da colleita de inverno, e polo xeral realízase entre o 13 ao 15 de xaneiro segundo o calendario gregoriano ou sexa desde o último mes támil Maargazhi até o terceiro día de Thai. Isto tamén representa o solsticio na India cando o Sol entra na décima casa do zodíaco da India Makaram ou Capricornio.

O dito "Thai Pirandhal Vazhi Pirakkum" (en támil: தை பிறந்தால் வழி பிறக்கும்) significa "o comezo do Thai abre a porta a novas oportunidades" e é citado a miúdo para referirse ao festival Pongal. Os támiles agradécenlle ao deus Sol (கதிரவன்) Suria pola boa colleita e consagran os primeiro grans a el no seu 'Surya Mangalyam'. Os támiles decoran os seus fogares con follas de banana e manga e embelecen o chan con patróns decorativos preparados utilizando fariña de arroz.

Etimoloxía Thai refírse ao nome do décimo mes no calendario Támil, Thai (தை). Pongal normalmente significa festividade ou celebración; máis concretamente Pongal tradúcese como "ferver" ou "desbordarse". Pongal é tamén o nome dun prato doce de arroz fervido con lentellas que se consome ritualmente neste día. Simbolicamente, pongal signfifica o quecemento gradual que sofre a Terra a medida que o Sol viaxa cara ao norte no equinoccio de primavera.

Ratificación nos EUA En 2017, o delegado David Bulova presentou unha resolución[leg1.state.va.us/cgi-bin/legp504.exe?171+ful+HJ573 Resolución Pongal Day en Virxinia] na Cámara de Delegados de Virginia onde designaba o 14 de xaneiro como o Día Pongal en Virxinia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Pongal Festival India. Vídeo Pongal at TheHolidaySpot

Categoría:Festas hinduístas Categoría:Cultura da India