miniatura|Mapa da illa de Vancouver, mostrando ao sur o estreito de Juan de Fuca, que separa esta illa, na Columbia Británica, e a península Olímpica, no estado de Washington. O estreito de Juan de Fuca (en inglés, Strait of Juan de Fuca) é un estreito mariño que bordea a illa de Vancouver polo sur, e é a principal saída do estreito de Georgia e o Puget Sound, conectando ambos co océano Pacífico.
Forma parte da fronteira entre o Canadá e os Estados Unidos.
Foi nomeado así en 1788 polo capitán inglés John Meares, do barco Felice en honor de Juan de Fuca, un mariñeiro grego que alegaba que fora alí nunha viaxe con exploradores españois en 1592 para buscar o fabuloso estreito de Anián.
Categoría:Xeografía dos Estados Unidos de América Categoría:Xeografía do Canadá Juan de Fuca