O tupí antigo ou tupí clásico é unha lingua da familia tupí que foi falada polos nativos tupís do Brasil, maioritariamente os que vivían preto do mar. Pertence á familia tupí–guaraní, e ten unha historia escrita que abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII. No período colonial o tupí foi empregado como lingua franca polos europeos así como polos amerindios e tivo uso literario, mais foi posteriormente suprimido até a extinción, deixando só unha lingua moderna descendente cun significativo número de falantes, o nheengatu.
Os nomes tupí antigo ou tupí clásico son termos empregados polos estudosos modernos, mais os falantes nativos chamárono ñeengatú "a lingua boa", ñeendyba "lingua común", abáñeenga "lingua humana", ou "lingua xeral" e "lingua brasileira".
Notas
Categoría:Lingua tupí Categoría:Linguas tupí-guaranís Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Linguas aglutinantes Categoría:Linguas mortas de América do Sur