Julio Sánchez de Rueda, finado en Carballo o 14 de marzo de 1967,La Voz de Galicia, 17-3-1967, p. 19. foi un avogado e político galego.
Traxectoria Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Carballo. Tomou posesión o 14 de setembro de 1936. En xuño de 1937, un chivatazo ao goberno militar da Coruña, no que se denunciaba que Julio Sánchez tiña un "pasado republicano", fixo que a autoridade militar ordenase o seu cesamento inmediato. Pasou a actuar como alcalde en funcións o primeiro tenente-alcalde Joaquín Caamaño López. Morreu en Carballo en 1967, con 91 anos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Alcaldes de Carballo, do franquismo á primeira corporación democrática
Categoría:Alcaldes de Carballo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Finados en 1967