Les Masies de Voltregà é un concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca de Osona.

Xeografía O concello limita ao norte con Orís, ao leste con Torelló e Manlleu, ao sur con Gurb e Santa Cecília de Voltregà, e ao oeste con Sant Martí de Sobremunt. No interior do termo municipal atópase o concello de Sant Hipòlit de Voltregà, rodeado en todas as direccións por terras de Les Masies.

Atópase entre a serra que pecha por poñente a Plana de Vic ao oeste, e o curso do río Ter ao leste.

Demografía Tiña en 2014 unha poboación de 3.186 habitantes agrupados en 12 entidades de poboación: Borrissola La Colònia Lacambra Conanglell El Despujol Gallifa La Gleva Les Masies de Voltregà El Poble-sec El Pou Quintanes Sant Miquel d'Ordeig Vinyoles

Lugares de interese Santuario da Virxe da Gleva, de estilo barroco. Igrexa de Sant Esteve, de estilo románico, atópase en Vinyoles. Igrexa de Sant Miquel d'Ordeig, de estilo románico. Igrexa de Sant Martí Xic, de estilo románico. Ruínas do castelo de Voltregà. Museo do Cobre - Fundació La Farga.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio web do concello

Masies de Voltregà