RD-180 é a designación dun tipo de motor foguete ruso utilizado na primeira etapa dos foguetes Atlas III e Atlas V.

Características O motor RD-180 foi deseñado pola oficina de Glushko e deriva do RD-170. Foi desenvolvido como motor de exportación para o seu uso en foguetes estadounidenses. A diferenza do RD-170, ten só dúas cámaras de combustión, aínda que comparte a maior parte dos sistemas e mecanismos co fin de reducir custos de desenvolvemento. Funciona alimentado por osíxeno líquido e queroseno e ten un pulo de 4152,0 kN.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos RD-170 Atlas III Atlas V

Categoría:Motores foguete