Isidro Baldenegro López, nado en 1966 e finado o 15 de xaneiro de 2017, foi un histórico líder ecoloxista mexicano indíxena tarahumara en Serra Madre Occidental e un activista ambiental que loitou contra a talla irregular na súa rexión. Foi asasinado o 15 de xaneiro de 2017.
Traxectoria Baldenegro creceu na súa terra ancestral nas montañas de Serra Madre, unha rexión coñecida pola súa biodiversidade. O seu pai foi asasinado en 1986 despois de que denunciase unha posición contra a talla e Isidro foi testemuña. Isidro Baldenegro tiña só 20 anos cando tomou a testemuña da súa loita e con ela o alto prezo de ser ambientalista nun dos países máis perigosos do mundo para esa misión. Converteuse nun dos activistas indíxenas máis recoñecidos en América Latina loitando para a preservación dos bosques de piñeiro e carballo da Serra Madre Occidental.
Asasinato Baldenegro foi asasinado o 15 de xaneiro de 2017. O corpo de Baldenegro recibiu até seis impactos de bala, segundo as autoridades. Pouco antes da súa morte buscou refuxio na casa dun tío nunha comunidade tarahumara ó norte de Chihuahua nunha casa remota da serra. Recibira numerosas ameazas. O domingo 15 de xaneiro pola tarde un home de 25 anos —a quen posiblemente coñecía a vítima— sacou unha arma, disparou e fuxiu. A Fiscalía estatal anunciaou que teñen "plenamente identificado" ó agresor, pero non quixeron ofrecer máis información sobre o caso. Os seus parentes denunciaron que o seu asasinato está conectado con outros asasinatos e ataques a persoas indíxenas que se opuxeron á talla ilegal na rexión. The Guardian destacou que a súa morte ocorreu meses despois de que Berta Cáceres, que tamén gañou o Premio Goldman Ambiental fose asasinada. 122 activistas ambientais foron asasinados en Latinoamérica en 2015, e 185 ecoloxistas asasinados en todo o mundo, 33 deles foron asasinados en México.
Notas
Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en México Categoría:Pobo tarahumara Categoría:Activistas de México Categoría:Asasinatos en México Categoría:Finados en 2017 Categoría:Activistas dos dereitos indíxenas Categoría:Premio Medioambiental Goldman