miniatura|250x250px|Rewe mapuche de Chile. O totemismo (do ojibwa: ototeman) é o conxunto de crenzas e expresións do espiritual e social ligada a un tótem.«totemisme». Un «tótem» é un animal, un vexetal ou mesmo un obxecto fabricado que non só é considerado como o padriño dun grupo ou clan, senón tamén como un pai, un patrón ou un irmán. Deste xeito, un di ser parente do oso, da araña ou da aguia.
Definición O totemismo é un concepto da antropoloxía en desuso, que denota unha relación metafísica, un sistema complexo de ideas, símbolos, ou prácticas entre un individuo ou un grupo social, e un animal (unha planta ou mesmo un obxecto).J.-F. MacLennan en 1869-1870, J. G. Frazer en 1887, F. B. Jevons en 1896, É. Durkheim en 1912 Entende as relacións idealmente previstas entre dúas series, unha natural e a outra cultural. O totemismo é común en América e Oceanía, e, ó parecer, é unha crenza inherente ó ser humano primitivo, e non unha transmisión global transmitida entre culturas e grupos étnicos.
O tótem é un ser animado ou inanimado, do cal un grupo de persoas di descender.
Características O totemismo non é considerado de xeito unánime como un fenómeno relixioso. Non se trata en realidade dunha relixión, xa que se expresa entre outras características, na adoración ós animais. O concepto de totemismo deuno a coñecer o escocés John Ferguson McLennan<ref name=MacLennan1>MacLennan, J., The worship of animals and plants, Fortnightly Review, vol. 6-7 (1869-1870)</ref> en Londres en 1870 coa fórmula de que o totemismo é o fetichismo máis a exogamia e a filiación matrilineal.
O totemismo maniféstase en varias formas e tipos de diferentes contextos, sobre todo entre pobos que mesturaban a economía (cultivos e caza) e, especialmente, entre as comunidades de cazadores, como en Australia; tamén está presente en tribos que crían gando. O totemismo, de ningún xeito pode catalogarse como unha fase xeral do desenvolvemento cultural do clan, pero sen dúbida exerceu un efecto psicolóxico no comportamento de certos grupos étnicos, na súa socialización e na formación da personalidade humana.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía J. F. MacLennan, "The worship of animals and plants", Fortnightly Review, vol. 6-7 (1869-1870) James George Frazer, Totemism (1887), trad. : Le totémisme, 1898 James George Frazer, Totemism and Exogamy. A Treatise on Certain Early Forms of Superstition and Society (1911-1915), trad. : Les origines de la famille et du clan, 1898. F. B. Jevons, An Introduction to the History of Religions, Londres, 1896. Émile Durkheim, Totémisme (1910) Émile Durkheim, Les formes élémentaires de la vie religieuse (1912) Sigmund Freud, Totem et Tabou (1913)
Categoría:Etnoloxía