Paul Emery, nado en Chiswik (Londres) o 12 de novembro de 1916 e finado en Epsom (Surrey) o 3 de febreiro de 1993, foi un piloto de carreiras do Reino Unido.

Construíu un coche de 500cc de Fórmula 3 chamado Emeryson e pilotouno el mesmo. Participou en dous Grandes Premios Mundiais de Fórmula Un, debutou o 14 de xullo de 1956 e participou en numerosas carreiras de Fórmula Un fóra de Campionato. Non anotou puntos de campionato.

Traxectoria Era fillo de George Emery, un entusiasta do automobilismo. Comezara a construción de coches de carreiras e, ao final da segunda guerra mundial foi capaz de completar un automóbil que deseñara en 1934, capaz de dar unha gran cantidade de cabalos de forza. O primeiro Emeryson, deseñado por pai e fillo, demostrou ser rápido e Eric Winterbottom logrou levalo á vitoria en 1947.

Animados polos resultados Emery debutou na Fórmula 1, pero debido aos altos custos preferiron dirixir a súa atención cara a Fórmula 3, onde tiveron éxito na venda de varios vehículos a clientes privados. Un dos seus coches posteriormente tamén foi utilizado en Fórmula 2 con motor Aston Martin.

Paul Emery decidiu tamén debutar cun dos seus coches no 1956, no GP de Gran Bretaña pero viuse obrigado a retirarse. Logo participou en varias carreiras fóra de campionato. En correu nun Connaught de Bernie Ecclestone.

Máis tarde abandonou a súa carreira como piloto para retomar a de deseñador. En 1960, de feito, varios pilotos requiriron unha nova serie de coches Emeryson. Logo traballou na fábrica de Connaught deseñando coches para a Fórmula 2 e a Fórmula 1, esta última con motores Coventry. Varias unidades vendéronse á Ecurie Nationale Belge. Todo o material comprouno máis tarde Hugh Powell ao final de 1961. Emery continuou activo como deseñador para Scirocco-Powell.

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos Emeryson Cars Emeryson Mk1 Alta 4 en liña ARX MON 500 BEL FRA GBRRet ALE ITA NC 0 B C Ecclestone Connaught Type B Alta 4 en liña ARX MONNSC NED 500 BEL FRA GBR ALE POR ITA MOR NC 0

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Paul Emery profile at The 500 Owners Association

Categoría:Nados en 1916 Categoría:Nados en Londres Categoría:Finados en 1993 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Emeryson Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Connaught