Os Chotos é un grupo musical aragonés, fundado en 2000 na vila de Embún, no concello de Val d'Echo (Jacetania). Cantan en aragonés e castelán.
Historia O grupo naceu co nome da Ronda d'os Chotos d'Embún. Ao longo do tempo tivo varios cambios na formación dos seus membros. Nas súas cancións adoitan usar letras irónicas, e tratan os problemas da súa bisbarra, como a amenaza dos encoros, a despoboación e abandono dos lugares ou o turismo de masas. Está formado por Alfredo Arias (baixo), Dani Beltrán (voz, laúde e guitarra), Eugenio Arnao (batería e percusión), Kike Ubieto (voz, guitarra e acordeón diatónico) e Miguelé Abadías (voz, gaita de boto, dulzaina, trompa de Ribagorza e whistles).
Discografía L'Arco San Chuan (2002) Taratita (2005) Abril ye transparent (2010) Biellos Tiempos (2016, adicado a José Antonio Labordeta)
Véxase tamén
Ligazóns externas Os Chotos no blog folkAragón .
Categoría:Grupos musicais de folk Categoría:Grupos musicais de Aragón Categoría:Artigos sen imaxes