A praia de Voramar é unha praia do concello de Benicàssim, na provincia de Castelló. Ten unha lonxitude de 550 metros por 50 de largo e limita ao norte co concello de Orpesa e ao sur coa praia de l'Almadrava.
A achega de area natural e un espigón facilitaron que esta praia teña unha superficie considerable. A súa contorna está delimitada polo paseo marítimo da localidade que separa a praia dos chalés. Atópase nunha zona urbana e ten saída de embarcacións.
Ten o distintivo de bandeira azul dende 1994. Toponimia Vora mar é unha forma común en valenciano para se referir á beiramar. Contra 1872 Joaquín Coloma, enxeñeiro que dirixía as obras do ferrocarril, coñece a zona e decide construír unha casa señorial para descanso da súa familia, Villa Pilar polo nome da súa dona. Ao longo de finais do século XIX e e primeiros do XX erixíronse outras vilas ao longo da praia e empezou a aparecer na documentación oficial como Playa Las Villas. En 1930 edificouse unha casa de baños e restaurante, negocio que se ampliou en 1933 en hotel cunha terraza dende a que se vía o mar. O Hotel Voramar tornouse un lugar de encontro e descanso da burguesía que pasaba o verán nas vilas ou ía de visita, e fixou o nome definitivo da praia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre a praia na web de turismo de Castelló
Voramar