La Ronda de Boltaña é un grupo de música aragonés fundado na localidade de Boltaña no ano 1992.

Historia La Ronda de Boltaña estabeleceuse en xaneiro do ano 1992, nas festas de San Paulo, coa finalidade de recuperar a ronda na festa de Boltaña, daquela desaparecida. Dende entón comezaron a roldar polo resto de lugares de Sobrarbe e arredores. Despois da publicación do seu primeiro álbum homónimo en 1996, a súa fama estendéuse alén de Sobrarbe e os Pireneos. Comezaron a dar concertos e a actuar en escenarios de todo Aragón, actividade que continuaron combinando coas súas roldas iniciais.

Discografía "La Ronda de Boltaña", 1996 "Banderas de Humo", 1998 "Un País de Anochecida", 2001 "Salud País", 2007 "La Huella que el Tiempo Deja", 2014

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Vídeo da canción "Trango dople...¡y china-chana!" da Ronda de Boltaña Vídeo coa canción "El país perdido", himno do Sobrarbe, da Ronda de Boltaña

Categoría:Grupos musicais de folk Categoría:Grupos musicais de Aragón