Evaristo Antonio Mosquera Quiroga, nado en Monforte de Lemos en 1834 e finado en Pontevedra en outubro de 1894, foi un matemático e profesor galego.
Traxectoria Foi profesor de Matemáticas do Instituto de Monforte de Lemos e catedrático dos institutos de Palencia (1871),La Correspondencia de España, 26-7-1871, p. 2. Ourense (1882) e Pontevedra (1887), do que foi nomeado director en 1891.Gaceta de Galicia, 17-3-1891, p. 2. Foi redactor de La Constancia e La Perseverancia de Pontevedra e colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana. Finou en Pontevedra en outubro de 1894.Gaceta de Galicia, 27-10-1894, p. 2.
Obras Ábaco aritmético ó nuevo sistema de cálculo numérico en gran parte mecánico, menos laborioso y mucho más fácil, rápido y seguro que el usual, 1864. Memoria sobre un nuevo procedimiento para la extracción de las raíces cúbicas de los números enteros, 1872. Reductor métrico y diccionario metrológico español, inglés y norteamericano, 1876.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Matemáticos de Galicia Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Nados en 1834 Categoría:Finados en 1894 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos