Ricardo Valentín Rodríguez de la Vega nado en Cidade de México, México o 14 de febreiro de 1942 e finado en Cidade de México o 1 de novembro de 1962 foi un piloto de carreira mexicano que competiu nas tempadas e de Fórmula Un. O seu irmán máis vello, Pedro, tamén foi un notable piloto de carreiras que tivo moito éxito nas carreiras de autos deportivos e na Fórmula Un.

Traxectoria Rodríguez naceu na Cidade de México e foi campión infantil de motociclismo na competición nacional con 14 anos. Era o terceiro fillo do matrimonio de Pedro Natalio Rodríguez e Concepción "Conchita" de la Vega, tivo catro irmáns e irmás, Pedro, Federico, Conchita e Alejandro.

Casou con Sara Cardoso en xullo de 1961, pero non deixou fillos. No verán de 1962, o seu amigo íntimo, Jo Ramírez, acompañaría a Ricardo á súa aventura en Europa.Jo Ramírez: Mi vida en Fórmula Uno, páxina 34

Carreira Gañou varios títulos nacionais de motociclismo, antes de pasar a competir en coches de turismos co seu propio Fiat Topolino. En 1957 fixo o seu debut internacional en Riverside, superando a todos os rivais na clase ata os 1.5 litros nun Porsche RS. Logo gañou a súa clase nun Porsche Spyder no Nassau Tourist Trophy. Competiu a miúdo co equipo North American Racing Team (NART) co seu irmán Pedro, aínda que tamén participaría en automóbiles co nome do seu pai.

Negóuselle a participación nas 24 Horas de Le Mans de 1958 porque era demasiado novo (16 anos e 106 días), pero volveu en 1959 para correr cun O.S.C.A. na clase 750cc.. Na edición de 1960 asociouse con André Pilette para lograr o segundo lugar. Aos 18 anos e 133 días de idade, foi o máis novo en subir ao podio de Le Mans.Los Hermanos Rodríguez. 2006, páxina 181

Rodríguez foi invitado a pilotar en Ferrari no Gran Premio de Italia de 1961, cualificando nun sorprendente segundo lugar, converténdose no piloto máis novo da historia en comezar desde a primeira fila (19 anos e 208 días), un récord que non sería batido ata o Gran Premio de Bélxica de 2016 por Max Verstappen. Na carreira intercambiou o liderado con Phil Hill e Richie Ginther moitas veces, ata que un fallo na bomba de combustible terminou a súa carreira. En 1962 logrou un asento con Ferrari, que o utilizou con moderación tendo en conta a súa idade e inexperiencia. Sempre que foi usado, Rodríguez brillou, logrando o segundo posto no Gran Premio de Pau, o cuarto no Gran Premio de Bélxica de 1962 e o sexto no Gran Premio de Alemaña de 1962. Un ano difícil na Fórmula Un para Ferrari. Tamén gañou a edición de 1962 da Targa Florio con Olivier Gendebien e Willy Mairesse nun Ferrari Dino 246 SP.

Rodríguez considerouse un potencial futuro campión, pero cando quedou sen coche porque Ferrari optou non participar na carreira fóra de campionato do Gran Premio de México de 1962 no Circuíto Magdalena Mixhuca de Cidade de México,conseguiu permiso de Maranello para correr nun Lotus 24 con motor Climax, morreu durante o primeiro día da práctica, cando a suspensión da parte traseira do Lotus fallou na temible curva da Peraltada, golpeou as barreiras morrendo instantaneamente. Tiña 20 anos e a súa morte provocou loito nacional en México.

O circuíto Magdalena Mixhiuca da Cidade de México, sde da Fórmula 1, Champ Car, NASCAR México e outras series, foi renomeado en 1973 como Autódromo Hermanos Rodríguez, na súa honra e do seu irmán Pedro. A Scuderia Rodríguez A.C. (unha fundación de amigos e familiares) mantén viva a súa memoria e a do seu irmán. Serve como museo de obxectos de recordo e automóbiles dos Rodríguez, certificándoos, e o seu Secretario Xeral Carlos Jalife publicou a súa biografía en 2006.

Rexistro de carreiras Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 MON NED BEL FRA GBR ALE ITARet USA NC 0 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 NEDRet MONNTS BEL4 FRA GBR ALE6 ITARet USA RSA 13º 4

Resultados na Fórmula 1 fóra de campionato (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 1962 Scuderia Ferrari Ferrari 156 Ferrari V6 CAP BRX LOM LAV GLV PAU2 AIN INT NAP MAL CLP RMSWD SOL KAN MED DIN OUL Rob Walker Racing Team Lotus 24 Climax V8 MEXNTS RAN NAT

Ricardo Rodríguez nas 24 Horas de Le Mans AnoEquipoNúm..CocheCat.Co-pilotoGrellaVoltasResultadosMotorHoras1958 North American Racing Team25Ferrari 500 TR58S 2.0 José Behra--Non saíu*Ferrari 2.0 L4-1959 OSCA Automobili51OSCA Sport 750TNS 750 Pedro Rodríguez11°32Retirado(Bomba da auga)OSCA 0.7L L45h1960 North American Racing Team17Ferrari 250 TRI/59S 3.0 André Pilette9°3102ºFerrari 3.0L V1224h1961 North American Racing Team17Ferrari 250 TRI/61S 3.0 Pedro Rodríguez2°305Retirado(motor)Ferrari 3.0L V1223h1962 SpA Ferrari SEFAC28Ferrari Dino 246 SPE 3.0 Pedro Rodríguez32°174Retirado(Caixa de cambios)Ferrari 2.4L V613h

Nas 24 Horas de Le Mans de 1958 o consideraron demasiado novo, os organizadores Automobile Club de l'Ouest non permitiron que Ricardo Rodríguez con 16 anos de idade tomara a saída, así que foi substituído por seu irmán máis vello, Pedro Rodríguez.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Brothers Rodríguez libro de Carlos Eduardo Jalife-Villalón, agosto 2007

Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de México Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ferrari Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Lotus Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Pilotos de Fórmula 1 finados en competición