O gato de Borneo (Catopuma badia), coñecido tamén como gato vermello de Borneo, é un felino endémico da illa de Borneo que vive na selva e en áreas próximas a ela.Johnson, W. E., Eizirik, E., Pecon-Slattery, J., Murphy, W. J., Antunes, A., Teeling, E. and O'Brien, S. J. (2006) The late miocene radiation of modern felidae: A genetic assessment. Science 311: 73–77.

Características

Mide uns 60 cm, máis cunha cola de 40 cm, e o seu peso varía entre 2 e 3 kg. O gato de Borneo é un animal nocturno que se alimenta de pequenos mamíferos e aves. Debido aos poucos exemplares que se viron, non se puido estudar o seu comportamento social nin reprodución.

A pel do gato de Borneo usualmente é terracota (rubia pardenta), pero ten unha gama de cores de variantes do gris. A análise de ADN relaciónao con Catopuma temminckii, diferenciándose na estrutura ósea e que é moito máis pequeno.

Dieta Este gato salvaxe caza de noite aves e roedores, e algunhas veces incluso monos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Guía de Grandes Gatos

Categoría:Felinos Categoría:Animais descritos en 1874