La pell de brau é un libro de poemas de Salvador Espriu publicado en 1960.

Publicación Foi escrito entre xuño do 1957 en Arenys de Mar e xullo do 1958 en Barcelona. Finalmente fou publicado por Els Llibres de la Lletra d'Or o mes de abril de 1960. Foi adicado ó escritor Carles Riba, falecido o ano anterior 1959. O libro foi reeditado en numerosas ocasións: no 1968 por Cuadernos para el diálogo, no 1977 e no 2010.

Obra O libro iníciase cunha cita da Crónica do Gran Capitán. Tras dela atopamos un total 54 poemas. Pechándose o volume cunha cita do Libro de buen amor. Trátase dunha alegoría crítica da España da posguerra e a súa intransixencia cos distintos pobos da Península Ibérica. Utiliza o mito de Sepharad, o lugar de orixe dos xudeus sefardís para referirse a España. Por mor do seu contido, é unha das obras máis populares e citadas do autor. Salvador Espriu converteuse, tras a publicación de La pell de brau, nun símbolo da loita contra o franquismo.

En 2012, foi empregado pola Asemblea Nacional Catalá nun anuncio de vídeo da manifestación "de Cataluña, novo estado en Europa".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas La pell de brau en elpoderdelapalabra.com La pell de brau en nosaltresllegim.com Análise de Maria Aurèlia Capmany

Categoría:Obras literarias de 1960 Categoría:Obras literarias en catalán