O Dietari de la Generalitat, ou Dietari de la Diputació del General, é unha compilación e rexistro diario de eventos militares, políticos e relixiosos do Principado de Cataluña. Esta práctica administrativa diaria foi feita a partir de 1411 ata 1714, sen interrupcións destacadas.
As anotacións foron agrupados por trienios que comezan o primeiro de agosto e rematan o 31 de xullo. Consérvase en 109 volumes, manuscritos de 1411 até 1711. O derradeiro volume ata 1714 foi destruído na época borbónica. O autor responsable foi o escribán maior da Diputació del General. Nalgúns casos, os autores foron engadindo no texto observacións á marxe, debuxos sobre os feitos máis destacados e documentos cosidos no diario (memoriais, cartas, etc.). Entre os anos 1454 e 1472, con Jaume Safont como escribán, son os máis ricos en información e anotacións. esquerda|miniatura|150x150px|Diarios encadernados no Arquivo Comarcal del Vallès Occidental Unha selección de textos foi publicada en 1889 por Josep Coroleu i Inglada. O Institut d'Estudis Cataláns (IEC) realizou unha edición crítica comentada, pero foi destruída en 1939. A Generalitat de Cataluña comezou, en 1994, a edición completa e en xuño de 2007 rematou de publicar os dez volumes previstos de 1411 en 1714. En setembro de 2010, o Goberno de Cataluña puxo o texto completo e publicado en liña e de balde, a disposición de investigadores e todas as persoas interesadas nestes documentos a través do sitio web do Diari Oficial de la Generalitat de Catalunya. Hai máis de quince mil páxinas cheas de información, nomes, eventos, etc.
Comeza o 1 de outubro de 1411 con esta nova, escrita en catalán antigo:
O 17 de abril de 1456, Jaume Safonts escribe sobre o festival de Sant Jordi (transcrito en catalán moderno):
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Obras literarias en catalán