Air Greenland A/S, tamén coñecida como Greenlandair, é a aeroliña nacional de Groenlandia. É subsidiaria do SAS Group, e pertende a este grupo, ao goberno groenlandés e ao goberno danés. Opera unha frota de 32 avións, incluídos un avión de pasaxeiros para voos transatlánticos e chárter, 9 pequenos avións usados principalmente na súa rede doméstica, e 22 helicópteros para levar pasaxeiros dende as pequenas comunidades ata os aeroportos domésticos. Os voos a heliportos nos asentamentos remotos son operados por contrato co goberno de Groenlandia.
Fundada en 1960 como Grønlandsfly, a aeroliña comezou a operar con hidroavións Catalina. Nunha década expandiuse e fíxose con varios DHC-3 Otter e helicópteros Sikorsky S-61, algúns dos cales aínda están en servizo. A meirande parte das operacións estiveron baseadas nos helicópteros ata que comezou a gobernar a nova administración groenlandesa en 1979, que comezou a investir nunha rede de pequenos aeródromos. Foi un proceso moi custoso, e as taxas aeroportuarias de Groenlandia aínda están entre as máis caras do mundo; isto tamén requiriu unha nova frota: os turbohélices DHC-7 estaban especialmente adaptados ao terreo duro e ás condicións meteorolóxicas de Groenlandia. A fiabilidade das conexións mellorou cando a rede de aeroportos domésticos aumentou nos anos 90: o uso cada vez maior do Dash 7 fixo que a aeroliña estivese menos limitada polas inclemencias do tempo. A finais dos 90 e principios dos 2000, Air Greenland mercou un Boeing 757 e un Airbus A330, permitíndolle abrir conexións cara Copenhague, que ata ese momento estaban operadas por SAS e continuou facéndoo ata finais dos 2000. A día de hoxe a aeroliña compite con Air Iceland nas conexións internacionais e os pequenos servizos chárter domésticos.
Ademais dos servizos regulares e dos voos contratados polo goberno á meirande parte de vilas do país, a aeroliña tamén dá apoio a estacións de investigación remotas, proporciona servizos chárter para turistas e industrias mineiras e de enerxía e pode realizar evacuacións médicas durante emerxencias. Air Greenland ten sete subsidiarias: unha aeroliña, hoteis, touroperadores, unha axencia de viaxes especializada no turismo de Groenlandia e a Arctic Umiaq Line, un servizo de ferris subvencionado polo goberno.
Historia Anos 60 A aeroliña fundárona o 7 de novembro de 1960 como Grønlandsfly A/S Scandinavian Airlines System e Kryolitselskabet Øresund, unha compañía mineira danesa envolta nas operacións de criolita en Ivittuut para proporcionar transporte e loxística para catro bases de radares estadounidenses en Groenlandia. En 1962, intereses foron adquiridos intereses na firma polo Consello Provincial (no presente o Goberno Greenlandés) e o Departamento Real de Comercio de Groenlandia. (now KNI).
Os primeiros voos en servir ás bases estadounidenses en Groenlandia foron operados polos lixeiros DHC-3 Otter e polos helicópteros Sikorsky S-55 fletados dende o Canadá. Despois dun accidente en 1961, Grønlandsfly usou hidroavións PBY Catalina e DHC-6 Twin Otter nas rutas domésticas. Un dos Catalina estrelouse en 1962. En 1965 o Douglas DC-4 converteuse no seu avión máis grande de liña. Foi seguido por helicópteros Sikorsky S-61, que aínda están en uso: en 2010 aínda servían ás comunidades do municipio de Kujalleq durante todo o ano e ás de Disko Bay durante o inverno.
Anos 70 miniatura|250px|DHC-6 Twin Otter Durante os anos 70 Grønlandsfly actualizou os seus DC-4 cara aos novos DC-6, pero centrouse principalmente en expandir a súa frota de helicópteros, mercando cinco S-61 máis. Cara 1972 iniciou os servizos cara ao leste de Groenlandia cun helicóptero baseado en Tasiilaq, e creou Greenlandair Charter. A mineiría en Maamorilik, no fiorde de Uummannaq, requiría aínda máis helicópteros, e a aeroliña mercou varios Bell 206 para a ruta. Grønlandsfly conseguiu un contrato co goberno danés para realizar misións de recoñecemento en relación co xeo que rodeaba Groenlandia.
Cara finais de 1979 o número de pasaxeiros anuais de Grønlandsfly superaba os 60 000, máis que a poboación de Groenlandia. Ese ano abriuse a primeira ruta internacional da aeroliña, voando dende a capital, Nuuk, e a cidade de Iqaluit, no norte do Canadá. A ruta foi operada xunto coa aeroliña canadense First Air, pero os avións ían xeralmente baleiros polo que se cancelou 13 anos despois.
Anos 80 O establecemento do Goberno autónomo de Groenlandia en 1979 levou a investmentos nunha rede rexional de verdadeiros aeroportos, con aeródromos para aterraxes e engalaxes curtas (STOL) construídos en Nuuk, Ilulissat e Kulusuk. Estes primeiros aeroportos foron construídos sen equipo para eliminar o xeo, unha situación que demostrou ser problemática durante os invernos e continua a causar atrasos e pardas á aeroliña. Nesa década tamén apareceu o tren e contratáronse aos primeiros pilotos nativos.
Para servir á aumentada rede, Grønlandsfly comezou a mercar DHC-7, avións particularmente adaptados ás condicións meteorolóxicas de Groenlandia. O primeiro foi entregado o 29 de setembro de 1979, seguido por varios máis durante a década dos 80. Eses avións aínda están en servizo, voando a todos os aeroportos agás ao de Nerlerit Inaat, preto de Ittoqqortoormiit, que está operado por Air Iceland por un contrato co goberno autónomo.
En 1981 Grønlandsfly inaugurou a súa primeira ruta a Islandia, unindo o aeroporto de Reiquiavik co seu centro de conexións principal en Kangerlussuaq, con escala en Kulusuk. En 1986 unha ruta a Keflavík permitíulle á compañía rematar o monopolio de SAS nos voos entre Groenlandia e Dinamarca, sendo a parte Keflavík-Copenhague operada por Icelandair. Cara 1989 a aeroliña tiña empregados a máis de 400 groenlandeses e transportaba a máis de 100 000 pasaxeiros anualmente.
Anos 90 miniatura|250px|Boeing 757-200 A actividade da compañía reduciuse cando as minas de Ivittuut e Maamorilik pecharon, levando a unha recesión da economía de Groenlandia.
Cando a situación mellorou, a rede de aeródromos aumentou cos aeroportos de Sisimiut, Maniitsoq e Aasiaat no medio oeste, e cos de Qaarsut e Upernavik no noroeste. Coa compra dun quinto Dash 7 Grønlandsfly era, por vez primeira dende a súa fundación, capaz de servir a todas as grandes cidades de Groenlandia.
Grønlandsfly tamén mercou o seu quinto reactor, un Boeing 757-200 que comezou a operar en maio de 1998. O avión foi bautizado Kunuunnguaq na honra do explorador e etnólogo groenlandés Knud Rasmussen. O aparello permitíulle á aeroliña voar a rendible ruta Kangerlussuaq–Copenhague directamente, sen afiliados ou unha escala en Islandia. Así, en 1999 a aeroliña transportou 282 000 pasaxeiros, case o triplo do número que conseguira a finais da década anterior.
Anos 2000 Co cambio de milenio a aeroliña renovou novamente a súa frota, retirando varios dos seus helicópteros S-61 e Bell 206 e substituíndoos por Bell 212 e Eurocopter AS350. A compañía tamén destituíu ao seu CEO Peter Fich, que fora incapaz de equilibrar as demandas do goberno groenlandés para o servizo local coas do consello de administración para aumentar o turismo. Co seu subtituto, Finn Øelund, Grønlandsfly inicialmente rexistrou unha perda de 30 millóns de coroas danesas debido a que as obrigas contractuais mantiveron un servizo non rendible, unha folga arruinou a estación turística do verán, e Post Greenland deulle un lucrativo contrato de correo a Air Alpha Greenland, propiedade do goberno danés. En resposta, a compañía desfíxose con éxito das grandes demandas do goberno autónomo, das altas taxas e as baixas axudas e cambiou a súa marca, pasando a chamarse Air Greenland e adoptando un novo logotipo e unha nova librea o 18 de abril de 2002.
En 2003 Finn Øelund deixou a aerliña para dirixir Maersk Air e foi substituído como CEO por Flemming Knudson. Air Greenland abriu unha ruta de Copenhague a Akureyri, en Islandia; o servizo durou seis anos antes de que finalmente fose considerado non rendible e cancelado. Tamén en 2003 SAS abandonou os seus servizos en Groenlandia, permitíndolle a Air Greenland mercar o seu segundo grande avión, un Airbus A330-200 bautizado Norsaq. SAS recuperou brevemente o servizo en 2007 antes de abandonalo finalmente en 2009. Debido á retirada de SAS do mercado, Air Greenland recibiu o seu contrato coa USAF para un servizo de pasaxeiros cara e dende a base aérea de Thule. Activo dende febreiro de 2004, o contrato renovouse por outro período de cinco anos en 2008 a pesar de que SAS regresou brevemente ao mercado.
A primeira toma de control doutra aeroliña tivo lugar o 18 de xullo de 2006, cando Air Greenland marcou a compañía Air Alpha Greenland, subsidiaria da danesa Air Alpha. Air Alpha Greenland operaba voos en helicóptero en Disko Bay e no leste de Groenlandia. Dende a toma de control, od Bell 222 adquiridos usáronse para transferencias de pasaxeiros entre o aeroporto de Nerlerit Inaat e o heliporto de Ittoqqortoormiit.
En 2007 Michael Binzer foi contratado como novo CEO. O 13 de xuño dese ano SAS anunciou a súa intención de vender as súas accións en Air Greenland, un movemento que despois incorporou ao seu programa de reestruturación, pero cara 2012 non atopara compradores. O 1 de outubro a aeroliña introduciu o seu sistema de billete electrónico, e tamén nese ano comezou un servizo directo co Aeroporto Internacional de Baltimore-Washington, nos Estados Unidos. Despois de que 60 visitantes estadounidenses se quedasen en terra por unha folga de traballadores de Air Greenland e de que a aeroliña rexeitase buscarlles unha alternativa para regresar, a venda de entradas caeu e a ruta foi cancelada en marzo de 2008.
No ano 2009 a aeroliña transportou a 399 000 pasaxeiros.
Anos 2010 Nos anos 2010 Air Greenland reduciu algúns servizos. O 1 de xaneiro de 2010 suspendeu a súa participación no programa de viaxeiro frecuente de SAS EuroBonus, e no ano 2011 a ruta sen escalas entre Narsarsuaq a Copenhague foi cancelada.
Porén, planeouse algunha expansión. Co obxectivo de competir con Air Iceland, que realiza servizos dende Reykjavik ata Nuuk, Narsarsuaq, Ilulissat e a costa leste de Groenlandia e no presente controla o 15% do mercado na rexión, Air Greenland pode abrir unha ruta sen escalas entre Nuuk e o Aeroporto Internacional de Keflavik, en Islandia. Ademais, debido á mellora das tecnoloxías e aos prezos máis altos das materias primas, as minas de Maarmorilik foron reabertas en novembro de 2010, con reservas de zinc e ferro para uns 50 anos. Ao igual que na década dos 70, os voos de subministración á mina van ser operados por Air Greenland usando helicópteros Bell 212 baseados no heliporto de Uummannaq.
O derradeiro Twin Otter de Air Greenland foi vendido en 2011 a Norlandair a cambio de cartos e un 25% das participacións da aeroliña islandesa.
A reapertura da conexión con Iqaluit, hoxe en día a capital de Nunavut, foi considerada por Air Greenland a finais de 2009 e finalmente levouse a cabo no ano 2012.Porén, este servizo rematou en 2015.
Frota Frota de á fixa O Bombardier Dash 8 Q200 é o principal avión da aeroliña, operando en todas as rutas domésticas. En 2010 a aeroliña mercou o seu primeiro Dash 8. A frota de Air Greenland está formada polos seguintes avións: <center> {| class="toccolours" border="1" cellpadding="3" style="border-collapse:collapse;text-align:center" |+ Frota de á fixa de Air Greenland |- style="background:#ba0032;" !rowspan=2 |<span style="color:white;">Avión !rowspan=2 style="width:50px;" |<span style="color:white;">En servizo !rowspan=2 style="width:25px;" |<span style="color:white;">Pedidos !colspan=3|<span style="color:white;">Pasaxeiros !rowspan=2 |<span style="color:white;">Destinos !rowspan=2 |<span style="color:white;">Notas |- style="background:#ba0032;" ! <span style="color:white;">C ! <span style="color:white;">M ! <span style="color:white;">Total |- |Airbus A330-200 |1 |— |30 |248 |278 |Copenhague – Kangerlussuaq Chárter |Norsaq (OY-GRN) |- |Beechcraft B200 King Air |1 |— |0 |8 |8