O Focke-Wulf A 16 foi un avión de transporte monoplano lixeiro alemán para tres/catro pasaxeiros deseñado por Heinrich Focke e Georg Wulf. Sería o primeiro deseño fabricado pola súa nova compañía Focke-Wulf.

Desenvolvemento Co éxito dos seus anteriores deseños Focke e Wulf crearon a compañía Focke-Wulf en 1924. O primeiro para a nova compañía foi o A 16, un avión para tres/catro pasaxeiros ou para transporte lixeiro fabricado totalmente en madeira. O A 16 voou por vez primeira o 23 de xuño de 1924 e fabricáronse polo menos 20 exemplares; 23 segundo Airbus Industrie. Airbus construíu un máis, sen capacidade para voar, que está exposto no aeroporto de Bremen.

O A 16 era un avión cunha á alta cantilever que tiña un perfil aerodinámico groso. O piloto sentábase nunha cabina aberta sobre a á mentres que os pasaxeiros ían na fuselaxe pechada debaixo deste. O tren de aterraxe contaba con grandes rodas montadas en cada lado da fuselaxe.

Variantes A.16a Variante impulsada por un motor Mercedes D.I de 75 kW.Stroud Aeroplane Monthly Xaneiro de 1987, pp. 41–42. A.16b Variante impulsada por un motor Junkers L1a de 63 kW.Stroud Aeroplane Monthly Xaneiro de 1987, p. 42. A.16c Variante impulsada por un motor Siemens-Halske Sh 12 de 75 kW. A.16d Variante impulsada por un motor Mercedes D.II ou D.IIa de 89 kW.

Notas

A 16 Categoría:Aeronaves de pasaxeiros Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1924