Nordica foi a aeroliña nacional de Estonia. A compañía era propiedade do estado estoniano, tiña a súa sede en Talín e estaba baseada no aeroporto desa cidade. A compañía pechou en novembro de 2024 despois de que fracasaran as negociacións para atopar un comprador.

Historia

Primeiros anos A compañía fundouse o 25 de setembro de 2015 por decisión do goberno estoniano co nome de Nordic Aviation, tras a liquidación da anterior aeroliña nacional, Estonian Air. As operacións comezaron o 8 de novembro dese meso ano cun voo entre Talín e Ámsterdam.

O 30 de marzo de 2016 anunciouse que o novo nome da aeroliña sería Nordica.

No primeiro ano a aeroliña eslovena Adria Airways operou a meirande parte dos voos de Nordica mentres esta se facía coa súa propia frota e tripulación. Dende o 19 de novembro de 2016 Nordica estableceu unha asociación estratéxica con LOT Polish Airlines, usando a súa plataforma comercial, o seu sistema de billetes e o seu código de voo. Como a meirande parte dos voos comercializábanse por LOT Polish Airlines, que era propietaria do 49% das accións da filial de Nordica Regional Jet, aínda membro de Star Alliance, Nordica tamén usou códigos de voooo e indicativos de LOT en moitos dos seus voos. Porén, a asociación rematou a principios de 2021, cando Nordica mercou todas as accións de LOT en Xfly (a antiga Regional Jet) e converteuse no seu único propietario.

A partir de 2017, Xfly en colaboración con Scandinavian Airlines, operaba seis ATR72-600 e sete Bombardier CRJ-900 entre destinos escandinavos e outros do norte de Europa.

En marzo de 2018 Nordica abriu unha base no aeroporto de Groningen Eelde, nos Países Baixos. En novembro dese mesmo ano 2018 Nordica anunciou que deixaría de operar oito rutas dende o aeroporto de Talín a partir do verán de 2019. A compañía tamén pechou a súa base en Groningen o 29 de decembro de 2018.

En xuño de 2019 Nordica anunciou que cancelaría todas as operacións programadas restantes dende a súa base en Talín debido á alta competencia e as rutas deficitarias no mercado local. Aínda que unhas poucas rutas serían pouco despois collidas pola súa asociada LOT Polish Airlines, Nordica pasou a centrarse en operacións de alugueiro para outras aeroliñas coa ambición de expandirse.

Desenvolvemento cara a quebra En febreiro de 2020, en medio da crise mundial pola pandemia de COVID-19, a subsidiaria de Nordica Regional Jet anunciou o seu cambio de nome a Xfly. A compañía tamén expresou o seu interese en expandir as súas operacións alugando sete Embraer 190/195.

A principios de 2021 Nordic Aviation Group acordou con LOT mercar o 49% das súas accións en Xfly, converténdose así no único propietario da filial. A pesar do acordo de compra, a cooperación entre LOT e Nordica continuaría.

En xullo de 2021 Xfly anunciou que estaba planeando asumir as operacións que outras compañías estiveran ampliando debido á tempada baixa relacionada coa pandemia na aviación. A dirección da empresa viu oportunidades para conseguir contratos de servizos ACMI (arrendamento húmido) en toda Europa a partir de 2021.

No mes de setembro de 2024 Scandinavian Airlines anunciou que remataría o seu contrato con Xfly en novembro dese ano. O 20 de novembro a compañía nai de Nordica e Xfly anunciou que o proceso de privatización iniciado fracasara e que a compañía cesaba inmediatamente de operar, declarabase e quebra e comezaba o seu proceso de liquidación.

Frota miniatura|250px|CRJ900 En novembro de 2024 a derradeira frota de Nordica estaba composta polas seguintes aeronaves:

+ Frota de NordicaAviónsEn servizoPedidosPasaxeirosNotasPYTotalAirbus A320-20019—180180ATR 72-6009——70707 operaron para Scandinavian Airlines ata novembro de 2024Bombardier CRJ900ER9——8888Operaron para Scandinavian Airlines ata novembro de 2024Total199 Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Estonia Categoría:Aeroliñas nacionais