Chloe Angeline Stickney Hall, nada o 1 de novembro de 1830 e finada en North Andover (Massachusetts) o 3 de xullo de 1892 foi unha sufraxista, abolicionista e matemática estadounidense, esposa do astrónomo Asaph Hall. Non empregou o seu primeiro nome, polo que foi coñecida como Angeline Stickney Hall.

Traxectoria Angeline era filla Theophilus Stickney e Electa Cook.

Aínda que de familia pobre, Angeline Stickney foi capaz de asistir á Universidade Central en McGraw, Nova York coa axuda da súa irmá Ruth e por ensinar na universidade. Diplomouse en ciencias e matemáticas, facendo cursos de cálculo e astronomía matemática. A universidade central era unha escola progresiva onde estudantes con poucos medios, incluíndo mulleres e afroamericanos libres, podería lograr un grao universitario. Aí foi onde se volveu unha defensora apaixonda do sufraxio feminino e da supresión da escravitude.

Angeline Stickney e Asaph Hall coñecéronse na universidade. Stickney era dous anos máis vella que Hall e era a súa instrutora en xeometría e alemán. Durante os seus días xuntos como profesor e estudante, Hall e os seus compañeiros propuñan cuestións e problemas que pensaban que Stickney non podería solucionar, mais ela nunca fallou nas solucións.

Stickney e Hall casaron en Elkhorn, Wisconsin o 31 de marzo de 1856. Inmediatamente após o casamento, a parella mudouse a Ann Arbor de modo que Hall puidese continuar a súa educación. Tres meses máis tarde, marcharon a Shalersville, Ohio. esquerda|miniatura|Residencia Stickney no barrio de Georgetown en Washington, D.C. Stickney animouno a continuar a súa busca de satélites de Marte cando estaba a punto de abandonala, e finalmente logrou o éxito descubrindo Fobos e Deimos.

O cráter máis grande de Phobos, o cráter Stickney, recibe o seu nome por ela.

Morreu en North Andover, Massachusetts aos 61 anos.

Familia Stickney educou na casa os seus catro fillos e todos asistiron á Universidade Harvard. O seu terceiro fillo, Angelo Hall, ministro unitario, escribiu a súa biografía. O seu fillo máis vello, Asaph Hall, Jr., naceu o 6 de outubro de 1859 e chegou a ser director do observatorio de Detroit entre 1892 a 1905. Os outros fillos foron Samuel (segundo fillo) e Percival (cuarto); Percival Hall (1872–1953) foi o segundo presidente de Universidade Gallaudet entre 1910 e 1946.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Hall, Angelo. An Astronomer's Wife: The Biography of Angeline Hall. Baltimore: Nunn & Company, 1908. (Este libro está no dominio público nos Estados Unidos; pódese atopar en archive.org.) Ligazóns externas Traballos de ou sobre Angline Stickney en Internet Archive Descendentes de Richard Hutchinson de Arnold, Nottinghamshire, Inglaterra

Categoría:Matemáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1830 Categoría:Finados en 1892