miniatura|300px|Obreiros galegos ao servizo da Edison Portland Cement Company de New Village, Nova Jersey, en 1910.Vida Gallega. Número 21, 31/5/1910 Os galegos nos Estados Unidos de América ou galego-estadounidenses son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron nos Estados Unidos de América. En 2025 eran máis de 25 000. Descrición miniatura|Galicia Sporting Club. Céltiga, 25 de agosto de 1926. A migración galega aos Estados Unidos tivo lugar principalmente entre 1868 e 1930, aínda que houbo unha segunda vaga migratoria máis pequena a finais da década de 1940 e na de 1950, época na que os galegos chegaron a formar unha pequena comunidade en Newark. miniatura|Los Emigrantes Residentes en Tampa "Estados Unidos" que han Contribuido para la Construcción del Nuevo Cementerio de la Parroquia de San Bicente de la Baña.TAMPA FLORIDA 30 DE AGOSTO DE 1907. Censo electoral de galegos residentes nos EEUU Inclúe Porto Rico.por provincia de inscrición, a 1/5/2025 Instituto Nacional de Estadística Provincia da Coruña 11.257 Provincia de Lugo 3.501 Provincia de Ourense 4.796 Provincia de Pontevedra 5.903 Total de galegos nos Estados Unidos 25.457 Hai varias personalidades galegas que viven ou viviron un tempo nos Estados Unidos, pero que non están nacionalizados estadounidenses, como a música Cristina Pato ou o mestre Anxo Brea. A lista de máis abaixo refírese só a aqueles que teñen a nacionalidade estadounidense con ascendencia total ou parcial galega.
Galego-estadounidenses notables Familia Estevez Joe Estevez (n. 1946) Martin Sheen (n. Ramón Gerardo Antonio Estévez, 1940) Emilio Estevez (n. 1962; fillo de Martin) Ramón Estevez (n. 1963; fillo de Martin) Charlie Sheen (n.. Carlos Irwin Estévez, 1965; fillo de Martin) Renée Estevez (n.. 1967; filla de Martin) Jerry Garcia (1 de agosto de 1942 - 9 de agosto de 1995) foi un músico e escritor de cancións. Ramón Verea – xornalista, enxeñeiro e escritor. Inventor dunha calculadora cunha táboa de multiplicar interna Familia Yglesias José Yglesias – (29 de novembro de 1919 – 7 de novembro de 1995) foi un novelista e xornalista estadounidense. Yglesias naceu na sección de Ybor City de Tampa, Florida, e tiña descendencia galega (por parte de pai) e cubana. Rafael Yglesias – Rafael Yglesias (12 de maio de 1954, Nova York) é un novelista e guionista estadounidense. Os seus pais foron o novelista José Yglesias e Helen Yglesias. Matthew Yglesias – Matthew Yglesias (18 de maio de 1981) é un xornalista económico estadounidense e blogueiro político. Perez Hilton – Mario Armando Lavandeira, Jr. (nado o 23 de marzo de 1978), coñecido profesionalmente como Perez Hilton é un blogueiro estadounidense e personaxe da televisión. Carmen Fariña é unha mestra e política. Octavio Vazquez (n. 1972) é un compositor e profesor do Nazareth College (Nova York).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Álvarez Estévez, Mónica (2020). "Entre dos orillas: la inmigración gallega en Nueva York. Morriña e identidades transnacionales". Estudios del Observatorio/Observatorio Studies (en castelán) (Instituto Cervantes at FAS - Harvard University ed.). ISSN 2688-2930. García-Rodeja Arribí, Carmen; Pérez Rey, Nancy (2007). "Mulleres galegas na emigración das Mariñas a Nova York". VII Congreso Internacional de Estudos Galegos 2. Ediciós do Castro. pp. 425–435. ISBN 978-84-8485-266-7. Miranda Barreiro, David. "A emigración galega en Nova York e Nova Jersey". www.newyork.gal.
Pérez Rey, Nancy (2001). Panorama do exilio galego en Nova York. Actas do congreso internacional “O exilio galego". Xunta de Galicia. pp. 600–614.
Outros artigos Diáspora galega Ligazóns externas Galician Studies Research Group UW Casa Galicia de Nova York (Unidade galega de EE.UU) Casa Galicia's St. Patrick's Day Parade, YouTube
Categoría:Grupos étnicos dos Estados Unidos de América Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia galega