Francisco Durán Domínguez , nado o 17 de novembro de 1911 en Casar de Cáceres, é un poeta cacereño, autor dos poemas Miedo sabroso e El mendigo.
Traxectoria De mozo traballou como porqueiro nunha piara, con pouco tempo para ir á escola.
A súa afección polas letras veu pola lectura de Luis Chamizo e de Gabriel y Galán.
Ó comezo da guerra civil española Francisco foi prisoneiro por varios meses, ocasión que aproveitou para escribir. Nestes tempos escribiu Miedo sabroso (1939) e El mendigo (1940).
Dende que saíu do cárcere traballou en RENFE até xubilarse.
Obra Miedo sabroso. Este poema gañou o primeiro premio na Fala popular na primeira edición do concurso de poesía Ruta de la Plata. El Milagro. Gañador na categoría Fala popular na segunda edición do concurso de poesía Ruta de la Plata. La Pitera. Conseguiu tamén o accesit na categoría Fala popular tamén na segunda edición do mesmo certame. El Mendigo. Accesit na categoría Fala popular na cuarta edición do concurso poesía Ruta de la Plata.
Véxase tamén Bibliografía García-Plata de Osma, Rafael, Ruta de la Plata. 10 años de poesía en Extremadura, Madrid, ei. Rafael García-Plata Quirós, 1986. Martínez Terrón, L., Primera antología de poesía extremeña, Cáceres, ei. autor, 2005.
Categoría:Nados en 1911 Categoría:Nados en Casar de Cáceres Categoría:Escritores de Estremadura Categoría:Escritores en lingua estremeña Categoría:Personalidades sen imaxes