A toniña do golfo de California (Phocoena sinus), chamada en cochimí: va-güi-tua, é unha especie de focénido endémica da parte norte do Golfo de California. Xa que o Lipotes vexillifer crese extinto dende o ano 2006, a toniña do golfo de California está considerado o cetáceo máis ameazado do mundo. Está na lista de especies en perigo crítico dende 1996. A súa poboación estimouse en 600 individuos no ano 1997, pero caeu a só 100 no 2014, poñendoo en perigo inminente de extinción. Esta cifra foi actualizada a aproximadamente 60 no 2015 e baixo até os 30 en novembro de 2016, o que leva a concluír que a especie extinguirase axiña. A poboación minguou por mor da captura ilegal de totoaba, unha especie dos esciénidos endémica que tamén está ameazada. Este decline ocorreu malia os investimentos de millóns de dólares do Goberno de México para acabar coa pesca ilegal. Un programa de cría, sen precedentes en mamíferos mariños, foi desenvolvido e está sendo sometido a probas de viabilidade, sendo considerado tan necesario como rescatar a especie. Porén, as instalacións precisas para poñer en funcionamento esta estratexia non estarán dispoñibles até outubro de 2017, que se teme que sexa demasiado tarde. Ademais, a capacidade da especie de sobrevivir e reproducirse confinada nun santuario é incerta.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Phocoenidae Categoría:Animais descritos en 1958 Categoría:Mamíferos de México Categoría:Fauna endémica de México