miniatura|ISS March 2009 A enxeñaría aeroespacial é unha rama da enxeñaría que estuda as aeronaves; engloba os ámbitos da actual enxeñaría aeronáutica, relacionada co deseño de sistemas que voan na atmosfera e da enxeñaría espacial, entendendo por esta última aquela que se ocupa do deseño dos vehículos impulsores e dos artefactos que serán colocados no espazo. Mentres que a enxeñaría aeronáutica foi o termo orixinal, o termo máis amplo "aeroespacial" substituíuno no uso.
Enxeñaría aeronáutica A enxeñaría aeronáutica consiste na aplicación da tecnoloxía ao deseño, construción ou fabricación e a utilización de artefactos capaces de voar ou aerodinos —principalmente avións ou aeronaves, mísiles e equipos espaciais— e nos aspectos técnicos e científicos da navegación aérea e os instrumentos dos cales se serve esta.
A enxeñaría aeronáutica ocúpase de deseñar e construír as aeroestruturas dos avións e helicópteros tomando en consideración as leis da aerodinámica, os fundamentos da mecánica de fluídos e a enxeñaría estrutural. Ademais encárganse da integración dos elementos motores (alternativos, turboventiladores, turborreactores e turboeixos) nas aeroestruturas para construír a aeronave. Outros campos de actividade dos enxeñeiros aeronáuticos son a construción de aeroportos, o deseño e operación de redes de transporte aeronáutico e a fabricación de equipos e materiais especiais como armamento, satélites ou foguetes espaciais.
Profesión miniatura|Aeronave. Un enxeñeiro aeroespacial encárgase de calcular, deseñar, proxectar, optimizar e modificar equipos e sistemas mecánicos utilizados pola industria aeronáutica e espacial, incluídos os seus procesos de produción ou manufactura, ademais de avaliar, planificar, dirixir, optimizar e executar proxectos de enxeñaría nun contexto multidisciplinario.
Algúns dos elementos que lle competen a esta carreira son: Enxeñaría mecánica: estuda os procesos de fabricacións, mantementos e deseño de aeronaves. Astrodinámica: é a ciencia que estuda o comportamento dos obxectos, naturais e artificiais, no espazo. Aerodinámica: é o estudo do movemento de fluídos ao redor das ás ou outros obxectos, ou a través de túneles de vento (véxase tamén sustentación e aeronáutica) Propulsión: é a enerxía necesaria para trasladar un vehículo a través do aire, ou para o espazo exterior. É xerada por motores de combustión (usando diferentes mesturas de substancias como gasolina, osíxeno e hidróxeno) tanto a reacción como alternativos. Estrutura: é o estudo do deseño da configuración física da nave para soportar as forzas atopadas no voo. Xeralmente búscase manter o peso máis lixeiro posible para obter un mellor rendemento. Enxeñaría dos materiais: ocúpase dos materiais cos que se constrúen as estruturas aeroespaciais. Desenvolve novos materiais e modifica materiais existentes para adecuar as súas propiedades a unha aplicación específica. Aeroelasticidade: a interacción de forzas aerodinámicas e flexibilidade estrutural, potencialmente causando axitacións, separacións, etc... Informática: especificamente concirne ao deseño e programación de calquera sistema de computación a bordo dunha aeronave ou unha nave espacial e á simulación de sistemas. O fundamento da maioría destes elementos está na matemática teórica como a dinámica de fluídos para a aerodinámica ou as ecuacións de movementos para a dinámica de voo. Pero tamén existe un gran compoñente empírico. Na historia, este compoñente empírico foi derivado das probas con modelos a escala e con prototipos, xa sexan en túneles de vento ou en atmosferas libres. Máis recentemente, os avances en computación permitiron o uso de dinámicas de fluído computarizados para simular o comportamento do fluído, reducindo tempo e gasto en probas no túnel de vento.
Ademais, a enxeñaría aeroespacial presta atención na integración de todos os compoñentes que constitúen un vehículo aeronáutico (subsistemas que inclúen o de poder, comunicacións, o de control térmico, mantemento de vida etcétera) e o seu ciclo de vida (deseño, temperatura, presión, radiación, velocidade e vida útil), así topándose con retos extraordinarios e solucións específicas do dominio de sistemas da enxeñaría aeroespacial.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Aerodinámica Aeronáutica Aeroporto Astronáutica Aviónica Mecánica Enxeñaría civil Enxeñaría sísmica Enxeñaría de software
Ligazóns externas Aeronautical Engineering Handbook . Space Ingenineers, xogo de simulación. NDTAeroTech.com, The Online Community for Aerospace NDT Professionals . . Air Service Training Aviation Maintenance UK .
Categoría:Enxeñaría aeroespacial