Alberto Malo Navío, nado o 3 de abril de 1964 en Sant Boi de Llobregat, é un ex xogador de rugby, internacional 74 veces coa selección española entre 1985 e 1999. Podía xogar na segunda ou na terceira liña, pero sobre todo na posición do número oito. Moitos entendidos considérano un dos mellores xogadores españois da historia. Traxectoria Albert Malo comezou a xogar ó rugby en 1975 e debutou con 18 anos no seu equipo de toda a vida, a Unió Esportiva Santboiana, coa que xogou até o ano 2000. Co club acadou cinco campionatos de liga e dous de copa entre outros títulos. A tempada 1990/91 foi a única na que estivo fora da Santboiana, para xogar en Nova Zelandia, unha primeira potencia do rugby mundial. Foi capitán do seu equipo e tamén da selección absoluta, coa que disputou o Mundial de 1999 un ano antes de retirarse. Véxase tamén Ligazóns externas Qué fue de... Alberto Malo? Albert Malo, la leyenda del rugby español Alberto Malo en ESPN Outros artigos
Malo Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Sant Boi de Llobregat