A couza guatemalteca ou couza guatemalteca da pataca (Tecia solanivora), descrita por Povolný en 1973, é un insecto da orde dos lepidópteros e da familia Gelechiidae. Orixinaria de Guatemala desde onde se estendeu a toda América Central detectouse en Galicia, por primeira vez, en 2015.
Ciclo biolóxico Como acontece con outros insectos o proceso comeza coa posta de ovos «nos tubérculos ou próximos a eles, en número 200-500 ovos. O período de incubación pode durar entre 5-15 días en función da temperatura». Trala incubación, na fase de larva é cando esta penetra na pataca (Solanum tuberosum) e estraga o tubérculo. A pupa ou crisálide ten forma fusiforme, nesta fase abandona a pataca aínda que tamén pode formarse no interior. O organismo adulto, a avelaíña, presenta dimorfismo sexual, tanto de tamaño como de cor, ten hábitos nocturnos e voa pequenas distancias. O ciclo completo de cada xeración, nos almacéns de patacas, pode completarse entre 4 e 5 semanas, e no exterior en función da temperatura pode variar entre «41-95 días». miniatura|Interior de pataca perforada pola couza guatemalteca
Praga en Galicia miniatura|esquerda|Anuncio da Xunta de Galicia para a recollida de patacas infestadas no concello de Xove. Os concellos de Ferrol, Narón e Neda, en 2015, foron os primeiros afectados pola presenza da couza guatemalteca da pataca en Galicia. Estes parasitos producen danos tanto nos cultivos de patacas como cando estas se amorean nos almacéns. As trampas de feromonas, os tratamentos con produtos fitosanitarios, a interrupción do cultivo ou a destrución da colleita son algunhas das estratexias para deter o avance da praga. miniatura|Patacas perforadas pola couza guatemalteca (comparación)
En febreiro de 2017 os concellos afectados pola praga en Galicia aumentaron a 31, todos eles nas provincias da Coruña e Lugo:
Provincia da Coruña (13) Ares, Cabanas, A Capela, Fene, Ferrol, Mañón, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, Valdoviño Provincia de Lugo (18) Abadín, Alfoz do Castrodouro, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Pastoriza, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro, Xove
Medidas de control O 3 de marzo de 2017 o Consello de ministros do Goberno de España aprobou un Real Decreto que prohibe o cultivo de pataca por un mínimo de dous anos nas zonas infestadas. Tamén se establece unha zona tampón: «os terreos comprendidos dentro dunha franxa de 5 quilómetros arredor do límite dos concellos establecidos como zonas infestadas». As disposicións sobre a zona tampón inclúen medidas de control e erradicación aplicables ás parcelas de cultivo, ás instalacións de almacenamento, ao almacenamento de patacas por particulares para autoconsumo e ao movemento de patacas desde esa zona a zonas non demarcadas. En Galicia a zona tampón comprende os concellos das Somozas, Moeche, Cerdido, Cedeira e Cariño.
Notas
Categoría:Fitopatoloxía Categoría:Gelechiidae Categoría:Animais descritos en 1973 Categoría:Pataca