As rafidófitas, ou Raphidophyceae (antes denominadas cloromónadas, Chloromonadophyceae ou Chloromonadineae) son un pequeno grupo de algas unicelulares mariñas e de augas doces.
As rafidófitas teñen células de tamaño grande, entre 50 e 100 μm, e sen parede celular. Os cloroplastos son elipsoidais. Distínguense por ter clorofilas a, c1 e c2 e dúas membranas no retículo endoplasmático dos cloroplastos. Os pigmentos accesorios que teñen son o β-caroteno e diadinoxantina. As rafidófitas de augas doces son verdes e as mariñas son amarelas, xa que posúen o carotenoide da fucoxantina. Posúen un par de flaxelos que saen da mesma invaxinación. O flaxelo anterior é lamelado con mastigonemas, e o posterior nu. O anterior bordea pola parte traseira a célula, por un afundimento ventral da célula. Ao contrario doutros heterocontófitos, as rafidófitas non posúen puntos de fotorecepción, puntos "oculares", que pola contra son comúns neste grupo.Robert Edward Lee. 2008. Phycology. Fourth edition. Cambridge University Press. isbn: 9780521682770.
As rafidófitas aparecen en múltiples ecosistemas acuáticos. Nos sistemas fluviais, é máis habitual que aparezan en augas doces máis ácidas, como o son as pozas. As especies mariñas adoitan formar parte dos afloramentos do verán en sistemas costeiros. Un caso é a súa presenza ligada ás mareas vermellas da costa exterior xaponesa, onde adoitan interromper a pesca malia que non producen afloramentos tóxicos.
Os grupos máis próximos son as Eustigmatophyceae e as Chrysophyceae.
Especies mariñas As especies mariñas son eurialinas e euritérmicas, co cal persisten en amplas condicións de salinidade e temperatura.
Moitas das especies mariñas producen neurotoxinas. Toxinas que producen, como a brevetoxina, afectan aos peixes despolarizando os nervios que controlan o ritmo cardíaco, reducindo a presión sanguínea e transporte de osíxeno, co que se acaba na súa morte. A mortalidade de peixes pola asociados a mareas vermellas dáse nas costas xaponesas por especies do xénero Chattonella e Heterosigma, durante o período de estratificación das augas cálidas do verán. Outro caso de toxicidade é o de Heterosigma na costa de Rhode Island cando as concentracións de nitróxeno son baixas.
Especies de augas doces As rafidófitas aparecen frecuentemente nos fondos con lama e pozas, onde as macrófitas son abundantes. Especies como as do xénero Vacuolaria teñen unha fase libre na columna de auga, onde teñen unha forma oval e flaxelos que saen do súa zona ventral, e outra en estado aletargado, onde teñen unha forma esférica e viven dentro dunha matriz xelatinosa.
Ciclo de vida Especies como Chattonella antiqua seguen un ciclo de vida cunha fase haploide e outra diploide. Os cistes que forman son haploides e xermolan dando células haploides flaxeladas e libres. Estas poden diploidizar e continuar o crecemento celular. A poboación pode medrar por mitose. Nesta fase poden iniciar unha meiose e enquistarse, na fase haploide.
Clasificación A posición deste grupo mudou ao longo das clasificacións. Teñen sido clasificadas como unha orde de cloromónadas dentro de fitoflaxelados. Téñense clasificado a canda as Xanthophyceae e as Eustigmatophyceae dentro da división de Xanthophyta. Tamén, téñense clasificado ligándoas coas Chrysophyceae, Dinophyceae ou Cryptophyceae.
A última clasificación é a seguinte:
Clase Raphidophyceae Chadefaud 1950 emend. Silva 1980 s.l. [Raphidomonadea Silva 1980 emend. Cavalier-Smith 2013] Xénero Psammamonas Grant et al. 2013 Xénero Chloromorum Tomas et al. Subclase Raphopoda Cavalier-Smith 2013 Orde Commatiida Cavalier-Smith 1997 Familia Commatiidae Cavalier-Smith 2013 Xénero Commation Thomsen & Larsen 1993 Orde Actinophyrida Hartmann 1913 [Actinophrydia Kühn 1926; Actinophrydea Hartmann 1913] Familia Actinosphaeriidae Cavalier-Smith 2013 Xénero Actinosphaerium Ritter von Stein 1857 [Camptonema Schaudinn 1894; Echinosphaerium Hovasse 1965] Familia Helioraphidae Cavalier-Smith 2013 Xénero Heliorapha Cavalier-Smith 2013 Familia Actinophryidae Dujardin 1841 Xénero Actinophrys Ehrenberg 1830 [Trichoda Müller 1773 nomen oblitum; Peritricha Bory de St.Vincent 1824 nomen dubium non Stein 1859] Subclase Raphidophycidae Cavalier-Smith 2013 [Chloromonadophyceae Rothmaler 1951; Raphidophyta] Orde Raphidomonadales [Chattonellales Throndsen 1993; Chloromonadida; Chloromonadales; Raphidomonadida Heywood & Leedale 1983; Chloromonadina Klebs 1892] Xénero Viridilobus Demir-Hilton et al. 2012 Familia Fibrocapsaceae Cavalier-Smith 2013 Xénero Fibrocapsa Toriumi & Takano 1973 Familia Haramonadaceae Cavalier-Smith 2013 Xénero Haramonas Horiguchi 1996 Familia Chattonellaceae Throndsen Xénero Oltmannsia Schiller 1925 Xénero Chlorinimonas Yamaguchi et al. 2010 Xénero Heterosigma Hada 1967 ex Hara & Chihara 1987 Xénero Chattonella Biecheler 1936 [Hornellia Subrahmanyan 1954; Hemieutreptia Hada 1974] Familia Vacuolariaceae Xénero Swirenkoiamonas Skvortzov 1968 Xénero Vacuolaria Cienkowski 1870 Xénero Merotricha Mereschkowsky 1877 Xénero Gonyostomum Diesing 1866
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ligazóns externas Raphidophyceae en Algaebase Raphidophyceae en WoRMS
Categoría:Eucariotas Categoría:Protistas Categoría:Algas