José María Varela Silvari, nado na Coruña o 1 de febreiro de 1848 e finado en Madrid o 10 de maio de 1926, foi un compositor e xornalista galego.
Traxectoria
Estudou solfexo, frauta e harmonía na súa cidade natal. Aos 14 anos pasou a Lisboa, onde ofreceu concertos e perfeccionou os seus coñecementos literarios e musicais, amais de aprender composición. De volta na Coruña foi nomeado director da banda de música de Carballo. En 1877 fundou e dirixiu o semanario El Eco Musical, dedicado á literatura e ás belas artes. Tamén colaborou en La España Musical e El Correo de Teatros, de Barcelona, e en El Globo, de Madrid. En Barcelona dirixiu El Coliseo Barcelonés (1879) e pasou logo a Madrid, onde colaborou con La Correspondencia Musical e El Nuevo Fígaro.
Dirixiu o Boletín Musical de Madrid durante seis anos. Foi tamén director da orquestra e da banda do Orfeón Normal de Madrid, mestre compositor pola Academia Filharmónica de Basilea (Suíza) e pensionado polo goberno portugués, entre outros moitos cargos.
Bibliografía miniatura|page=5|Manual teórico práctico de armonía. miniatura|page=7|Máximas y pensamientos sobre la Música y las Bellas Artes. miniatura|page=7|Origen de la música como arte. Ademais de innumerables artigos sobre literatura e historia musical, foi autor das seguintes obras, moitas das cales permaneceron inéditas: Galería biográfica de músicos gallegos; Teoría de la música; Manual teórico práctico de armonía; Formulario harmónico para los aspirantes á músicos mayores militares; Apuntes para la historia musical del reino lusitano; Máximas y pensamientos sobre la Música y la Bellas Artes; Origen de la Música como Arte; Historia de la Música popular en España; Historia de la Música en Galicia; Prácticas finales del solfeo; Prontuario razonado de canto; Tratado de melodía; Tratado práctico de instrumentación; Ensayos de crítica, preceptiva e historia musical; Tratado de estética musical, con carácter preceptivo.
Obra musical Como compositor escribiu máis de 540 obras de todos os xéneros. Da súa música para orfeón cómpre salientar: Gloria a Galicia; Alborada coral; A festa d'o patrón; Himno a Clavé; Enyorança, Sospirs e Per vestir sants, coros en catalán; La serenata; La fiesta de Baco; El a-la-lá, (nocturno); La primavera; Ruliña, coral galega; Boga, boga, barquilla mia, i Surca, surca, bajel mio, Canción española, L'aurora, (barcarolas); El mirlo y la flor, i A Elisa, (valses); El canto de la gitana; A una bella; Niña graciosa; Sin esperanzas; ¡Eres un ángel!; Adelina; La sultana; Himno a Méndez Núñez; Himno á Pacheco; La Mindoniense; La Orensana, muiñeiras; Declaración de amor, mazurca; A la romeria, (ruada)
Música para piano miniatura|Recuerdos de Galicia, alborada gallega para piano, op. 534. miniatura|Cantares gallegos para piano, op. 535. Recuerdos de Galicia; Cantares gallegos; Tributo á Terpsícore; Un aire de mi país; A la velada; María de los Dolores; Clavé; Por una flor; Rosa de té; La circasiana; Capricho morisco; N'a festa
Outras músicas miniatura|¡¡Pobre niña!! Para canto e piano: La hija del proscrito; Mariolina; Ante su tumba; Canción espanyola, etc.
Para violín e piano: La citara de oro; ¡Panchín!; ¡¡Pobre niña!!;
Composicións e arranxos diversos, La Ginebrina; La Verginella; Cataluña; La fiesta; Serenata española e Ultimo tributo á la memoria de Alfonso XII;
Para banda compuxo miniatura|Voló al cielo! miniatura|La Alianza. miniatura|Valeroso capitán. Cantares gallegos; María de los Dolores; Siempreviva; ¡Voló al cielo!; El Triumfo; La Alianza; Valeroso capitán; Al combate; Por una flor, (vals); La imperial, (sinfonía); Á la velada, (gran sinfonía); Serenata española; Alborada gallega; Recuerdos de Galicia; Mariolina, (xota popular); La feria de Sevilla, (bolero); Un aire de mi país, (muiñeira)
Composicións teatrais La pianista enamorada, zarzuela en dous actos, representada en Portugal; Novias i novios, zarzuela nun acto; La guarida del buitre, drama musical; La Ginebrina, sinfonía para orquestra premiada en Basilea en 1869.
Recoñecementos Unha rúa da Coruña leva o seu nome.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Obras dixitalizadas de Na Biblioteca Digital Hispánica da Biblioteca Nacional de España.
Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Compositores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1848 Categoría:Finados en 1926 Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público