dereita|miniatura|Casa do priorado. Santiago de Freituxe é unha parroquia do concello de Bóveda, na provincia de Lugo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 28 habitantes (18 homes e 10 mulleres), distribuídos nas entidades de Cubelo, Freituxe e A Vila, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 41 habitantes e ao ano 1991 cando tiña 51 habitantes.
Limita coas parroquias de Laiosa ao norte, Pino ao sur, Canedo e A Ferreirúa ao leste, e Guntín e Mosteiro ao oeste.
Historia A referencia máis antiga que se coñece é no testamento maior do bispo Odoario, do ano 747, onde aparece como Villa Fructuosi. Con posterioridade a esta data, sendo abade Lope de Barrera, o beneficio de Freituxe pasou a depender do mosteiro de Samos.
Patrimonio artístico A igrexa parroquial data do s. XVII. Edificio de planta rectangular e muros de cachotería, en lousa e algunha cuarcita, enlucidos. A cuberta, a dúas augas, é de madeira e lousa. Atravesando un arco de medio punto peraltado, accédese, dende a nave, á capela maior, tras da que está a sancristía. Espadana de dous vans, realizada en granito, sobre o frontis. Casa do Priorado, que conserva o escudo da Abadía de Samos esculpido en mármore, representando, dentro dun campo ovalado, unha man con espada e outra con palma.
Festividades Festas da Inmaculada, en maio.
Lugares e parroquias Lugares de Freituxe
Parroquias de Bóveda
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Bóveda
Categoría:Parroquias de Bóveda Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior