Teresa Viejo, nada en Madrid o 3 de setembro de 1963, é unha xornalista española e Embaixadora de Boa Vontade de UNICEF.

Traxectoria Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, onde cursou tamén estudos de Socioloxía. Os seus comezos foron na emisora musical Radio Vinilo, para logo pasar á estación de OM Radio Intercontinental. A tempada 1997-98 fichou por Radio España, onde foi unha das primeiras mulleres en porse á fronte dun magacín matinal nunha cadea de eido nacional, co espazo Más que palabras.Teresa Viejo ficha por Radio España A seguinte tempada pasou á franxa de tardes da mesma cadea, co espazo Tardes con Teresa.Radio España aspira a competir con las grandes cadenas Tamén traballou en Antena 3 Radio e a Cadea Zeta Radio, onde realizou o programa Hoy Teresa. Entre 2011-2013 colaborou en ABC Punto Radio. Dende 2013 dirixe La Observadora, os domingos en RNE.

Televisión En 1988 incorpórase a Televisión Española para presentar, xunto a Beatriz Pécker, o programa musical Rockopop, no que se mantén até 1991. Ese ano é fichada por María Teresa Campos para colaborar no seu recentemente estreado magacín matinal Pasa la vida. Posteriormente, en 1996, continúa nos magacíns matinais de TVE, nesta ocasión xunto a Laura Valenzuela en Mañanas de Primera. Durante varios anos presentou o sorteo da Lotaría Primitiva na 2 de TVE.

Entre 1997 e 1998 presenta xunto a Manuel Torreiglesias o programa Saber vivir. En 2002, ficha por Castilla-La Mancha Televisión, onde realiza durante nove anos o programa Tal como somos. Doutra banda, en 2004 pasou a substituír a Pedro Piqueras á fronte do espazo de investigación e debate 7 días, 7 noches, de Antena 3, que se mantén en pantalla até 2007. En marzo dese ano comeza a presentar o reality show Cambio radical, baseado no programa estadounidense Extreme Makeover. Tras a finalización do espazo, seguiu á fronte do magacín castelán-manchego Tal como somos que finaliza en 2010.

O 26 de xaneiro de 2011, empezou un programa de similares características: Cerca de ti. En 2015 presenta para Telemadrid o espazo Madrid barrio a barrio. Dende xullo até setembro de 2015 presentou a Mañá da 1 en substitución de Mariló Montero e Jota Abril. A partir de xaneiro de 2016, púxose á fronte dun programa novo na 1 de TVE, chamado ¿Qué fue de ti?, un programa de testemuños en directo, que supón o regreso da xornalista a este xénero e á televisión pública tras o seu labor o pasado verán como presentadora da mañá da 1.

Prensa escrita A súa traxectoria iníciase no Diario Ya. Foi a primeira e única directora da revista de información xeral: Interviú (2002-2004), onde publicaba un artigo semanal. Tamén colaborou en entrevistas políticas na revista Man.

Obras Hombres. Modo de empleo (2001). Pareja. ¿Fecha de caducidad? (2005). Ensayo. Cómo ser mujer y trabajar con hombres (2007). Ensayo. La memoria del agua (Martínez Roca, 2009). Que el tiempo nos encuentre (2013). Novela. Mientras llueva (2015). Novela.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Xornalistas radiofónicos de España Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Presentadores de televisión da Comunidade de Madrid