Der Fuehrer's Face (orixinalmente titulado Donald Duck in Nutzi Land) é unha curtametraxe estadounidense de animación producida por Walt Disney Productions e estreada en 1943 por RKO Radio Pictures. A curtametraxe é unha propaganda anti-nazi protagonizada polo Pato Donald que ten un pesadelo e traballa nunha fábrica da Alemaña Nazi. Foi dirixido por Jack Kinney e escrito por Joe Grant e Dick Huemer a partir dunha música orixinal de Oliver Wallace.

A curtametraxe gañou o Oscar á mellor curtametraxe animada na 15ª edición dos Oscar en 1943.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1943 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jack Kinney Categoría:Filmes producidos por Walt Disney Categoría:Filmes sobre a Alemaña nazi Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada