Un elemento do grupo 11 é un elemento situado dentro da táboa periódica no grupo 11 que comprende os elementos: cobre (Cu, 29) prata (Ag, 47) ouro (Au, 79)
Propiedades Son relativamente inertes e difíciles de corroer. De feito os tres existen en forma de elemento na cortiza terrestre e non se disolven en ácidos non oxidantes e en ausencia de osíxeno.
Estes metais son bastante brandos e non soportan ben o uso diario das moedas, desgastándose co tempo. Por isto deben ser aliados con outros metais para conseguir moedas máis duradeiras, máis duras e máis resistentes ao desgaste.
Aplicacións O cobre tamén se emprega amplamente en cables eléctricos e en electrónica. Ás veces empréganse contactos de ouro en equipos de precisión. En ocasións tamén se emprega a prata nestas aplicacións, e tamén en fotografía, agricultura (sobre todo o cobre en formulacións de funxicidas), medicamentos, equipos de son e aplicacións científicas.
Galería de imaxes
Véxase tamén
Outros artigos
Metais e aliaxes de cuñaxe
Bibliografía
Categoría:Grupos de elementos químicos Categoría:Metais e aliaxes de cuñaxe