José Modesto Isaac Devesa Areosa, coñecido como Pepiño Areosa, nado en Santiago de Compostela en xullo de 1908 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un empregado e político galego.
Traxectoria Traballou na armería familiar (Armería Areosa. Máquinas de Coser) na Rúa do Vilar, e despois no taller de mecánica do seu tio José. Foi agredido por varios jaimistas en xaneiro de 1933,El Compostelano, 14-1-1933, p. 2.El Eco de Santiago, 19-1-1933, p. 2. e como consecuencia sufriu unha trepanación.El Eco de Santiago, 14-1-1933, p. 3.El Pueblo Gallego, 12-3-1933, p. 6. Militou en Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi axente do Comité Executivo da Fronte Popular de Compostela. Detido e ingresado na prisión de Compostela, foi sacado da prisión a noite do 18 de agosto e paseado en Cacheiras (Teo). O seu cadáver apareceu xunto co de Ánxel Casal.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Pepiño Areosa, inédito
Ficha en Memoria da Coruña
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1936