Jorge Varela Rial, coñecido como Xorxe da Andragalla, nado na Andragalla (Lamas, Zas) en 1901, foi un político galego.
Traxectoria Labrego. Co triunfo da Fronte Popular foi nomeado alcalde de Zas o 8 de xuño de 1936.La Voz de Galicia, 21-10-2001, p. L10. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado na prisión de Compostela. Xulgado en Compostela por rebelión o 19 de decembro de 1936 con José Ferreiro Pardiñas, Luís Cereijo Mosquera, Manuel Costa García, José Rodríguez Gómez e Manuel Díaz Mosquera o 19 de decembro,El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2. foi condenado á pena de morte. A sentenza foi conmutada por cadea perpetua. En xaneiro de 1938 foi xulgado na Audiencia Provincial da Coruña xunto con José Ferreiro Pardiñas, depositario do concello, acusados de apropiarse de 9.978,15 pesetas dos fondos municipais.La Voz de Galicia, 28-1-1938, p. 4.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O último alcalde republicano de Zas
Categoría:Alcaldes de Zas Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Nados en Zas Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes