Santa Clarita Diet é unha serie de televisión estadounidense de terror e comedia creada por Victor Fresco para Netflix. Está protagonizada por Drew Barrymore e Timothy Olyphant. Fresco é o produtor executivo xunto con Barrymore, Olyphant, Aaron Kaplan, Tracy Katsky, Chris Miller e Ember Truesdell.
A serie estreouse orixinalmente o 3 de febreiro de 2017. A primeira tempada, que consta de 10 episodios, recibiu críticas positivas. O 29 de marzo de 2017, anunciouse que Netflix renovaría a serie para unha segunda tempada, que se estreou o 23 de marzo de 2018. O 8 de maio de 2018, a serie foi renovada para unha terceira tempada de 10 episodios que se estreou o 29 de marzo de 2019. A serie foi cancelada o 26 de abril de 2019.
Personaxes Drew Barrymore como Sheila Hammond Timothy Olyphant como Joel Hammond Liv Hewson como Abby Hammond Skyler Gisondo como Eric Bemis
Recorrentes Ricardo Chavira como Dan Palmer Mary Elizabeth Ellis como Lisa Palmer Richard T. Jones como Rick Joy Osmanski como Alondra Natalie Morales como Anne Garcia Thomas Lennon como Novak Grace Zabriskie como Mrs. Bakavic DeObia Oparei como Loki Hayes Portia de Rossi como Cora Wolf
Convidados Nathan Fillion como Gary West Andy Richter como Carl Coby Patton Oswalt como Dr. Hasmedi Ryan Hansen como Bob Jonas Derek Waters como Anton Ravi Patel como Ryan
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión iniciadas en 2017 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2019