miniatura|Chile verde, amarelo, e a pementa de Caiena vermella.

O chileVV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega (do náhuatl chīlli) é a froita de plantas do xénero Capsicum, membros da familia das solanáceas. As substancias que dan ós chiles o seu intenso sabor cando se consomen son as capsaicinas e outros elementos químicos relacionados, chamados colectivamente capsaicinoides.

O chile é orixinario de México. Despois do intercambio colombiano, espalláronse os cultivos de chile por todo o mundo, e son empregados na gastronomía e na medicina. O chile foi levado até Asia polos navegantes portugueses durante o século XVI.

En todo o mundo, uns 3,8 million hectáreas de terra producen 33 millóns de toneladas de chile (datos de 2010). A India é o meirande produtor, consumidor e exportador mundial de chile. O distrito de Guntur no estado indio de Andhra Pradesh produce o 30% de toda a India. Andhra Pradesh é responsable do 75% das exportacións de chile da India.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Plant Cultures: Chilli pepper botany, history and uses The Chile Pepper Institute of New Mexico State University

Categoría:Capsicum