Francisco Sacco Landi nado en São Paulo o 14 de xullo de 1907 e finado o 7 de xuño de 1989, coñecido como Chico, foi un piloto de carreiras do Brasil. Participou en seis Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, debutou o 16 de setembro de 1951. anotou un total de 1´5 puntos de campionato, logrados polo seu cuarto lugar no Gran Premio da Arxentina de 1956, nunha unidade que compartiu con Gerino Gerini.

Historia Landi procedía dunha modesta familia de clase media, e chegou ás carreiras grazas á posesión dun garaxe. Xunto co adiñeirado fillo dun diplomático Manuel de Teffé, popularizou as carreiras de motor no Brasil a finais dos anos trinta. Landi deixara a escola ós once anos para traballar como mecánico, e máis tarde empezou nás carreiras de rúa ilegais polas noites, onde tivo frecuentes enfrontamentos coa policía. En 1934 fixo a súa debut nas carreiras, no segundo Gran Premio de Río de 1934. Liderou ata oito voltas da meta, cando o seu motor fallou.Wolfe, p. 101 Foi o piloto brasileiro máis popular do seu tempo, xa que moitos consideraban a Teffé un expatriado rico en lugar dun brasileiro puro, xa que comezara a súa andaina nas carreiras cando vivía en Italia. Irineu Corrêa, quen terminou gañando o Gran Premio de Río de 1934, morreu nun accidente na primeira volta do ano seguinte, deixando a Landi como o mestre indiscutible das carreiras de preguerra no Brasil. Landi competiu no estranxeiro en 1938, terminando oitavo en Berna, no que xeralmente se considerase a primeira participación dun brasileiro nun Gran Premio (Teffé correra no estranxeiro antes, pero considérase un italiano con pais brasileiros).Wolfe, p. 231 (footnote) Landi's first Brazilian GP victory came at the 1941 Rio de Janeiro Grand Prix.

Landi foi o primeiro piloto brasileiro en gañar unha carreira de Gran Premio, levando a un Ferrari á vitoria no Gran Premio de Bari en 1948. Ese ano disputouse coás regulacións da Fórmula Dúas. Tamén acabou segundo na carreira fóra de campionato de 1952 do Gran Premio de Albi nun Ferrari 375.

Landi tamén gañou en 1960 as Mil Millas do Brasil nun Alfa Romeo JK 2000, xunto con Christian "Bino" Heins. Esta foi a primeira vez que un automóbil de fabricación brasileira gañou esta prestixiosa carreira, en lugar do estadounidense "Carretera" special.

Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Escuderia Bandeirantes Maserati 4CLT/48 Maserati 4 en liña SUI 500 BEL FRA GBR ALENCG ESPNCG NC 0 Francisco Landi Ferrari 375/50 Ferrari V12 ITARet Escuderia Bandeirantes Maserati A6GCM Maserati 6 en liña SUI 500 BEL FRANCG GBR ALE NED9* ITA8 NC 0 Escuderia Bandeirantes Maserati A6GCM Maserati 6 en liña ARX 500 NED BEL FRA GBR ALE SUIRet NC 0 Scuderia Milano ITARet Officine Alfieri Maserati Maserati 250F Maserati 6 en liña ARX4* MON 500 BEL FRA GBR ALE ITA 25º 1.5 ''* Indica unidade compartida

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas http://www.4mula1.ro/history/driver/Francisco_Landi http://www.grandprix.com/gpe/drv-lanfra.html

Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1989 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 do Brasil Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Maserati Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Scuderia Milano Categoría:Nados en São Paulo