Robert La Caze nado en París o 26 de febreiro de 1917 e finado en Le Cannet o 1 de xullo de 2015 foi un piloto de carreiras franco-marroquí. Naceu en París, Francia, pero correu baixo a bandeira de Marrocos, o único piloto que o fixo na historia da F1. Participou nun só Gran Premio do Campionato Mundial de Fórmula 1, o Gran Premio de Marrocos de 1958, pilotando un Cooper privado de Fórmula 2. Terminou 14º, cinco voltas detrás do gañador, non anotou ningún punto de campionato. Clasificouse terceiro na clase F2. Era o piloto vivo máis vello da Fórmula 1 logo da morte de Paul Pietsch en maio de 2012 ata a súa propia morte en xullo de 2015.

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 Pos. Puntos Robert La Caze Cooper T45 (F2) Climax 4 en liña ARx MON NED 500 BEL FRA GBR ALE POR ITA MAR14 NC 0

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Marrocos Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans